domingo, 27 de septiembre de 2020

 *** Opinión

Local de ensaio... BUMM!

A controversia aberta pola falta dun local de ensaio digno para a Banda Unión Musical de Meaño resposta a unha demanda latente de fai más de un lustro. En 2017 dábanse tibios pasos, barallando acristalar e acondicionar o escenario da Praza da Feira para reconvertilo na ansiada sá. Esvaeceuse, entre outras cousas, por problemas na estrutura. Logo chegou a promesa do actual goberno de apostar pola mesma solución, comprometendo setembro de 2019 como data.

Pasou un ano en balde. Acuciados agora pola situación do Covid tirouse da alternativa de reconvertir o pavillón de deportes (¿?) de Xil en sá de ensaio. As dúas opcións de acondicionar un espacio nese interior, para tentar facelo acústicamente aceptable -incluida a versión low cost-, foron rexeitadas polo goberno. Logo, comunicado reinvindicativo da BUMM e, no medio, cisma no seo da directiva da agrupación, e enfrentamento da alcaldía coa parte dos músicos desa xunta, altisoante, con xestos e palabras para esquecer. No meollo, un director da banda, Diego Javier Lorente, profesional incansable que debía ser obxecto dun agradecemento e respecto absoluto por unha labor social e cultural tan encomiable como admirable, para o cal este goberno, con esas voces irreverentes, seguíu amosando non estar a altura. Despois desa peaxe indigna sufrida polos músicos da xunta directiva, o goberno local reconduce e acepta a versión low cost no pavillón de Xil, despois das presións habidas.

A BUMM nun local de ensaio desbordado

Agora ben, en canto a sá de ensaios, ata o de agora, esta Banda tivo o que quixo ter. O erro, non ter dado pasos desde 2013 polo que era unha necesidade xa perentoria. A maiores, en canto ao auditorio (multiusos ou centro cívico, como queiramos chamar), para dar cabida nel a toda actividade artística e cultural desde municipio, Meaño tamén ten o que quere ter. Se fai máis de 20 anos do que se ven falando, algún goberno dera o paso de ter posta a primeira pedra, este equipamento estaría concluido fai unha década. Pero nós aparcamos. E así podemos seguir sentados, agardando a ver como outros concellos como Ribadumia ou Meis medran apostando por proxectos ilusionantes. En Meaño, un superávit de máis 400.000 euros en 2019 e un remanente de 3,8 millóns de euros, que ben se pode destiñar a… un terceiro campo de fútbol de herba sintética?!!. É que en Meaño, a invertir en cultura adicamos as migallas. Así estamos.

 

2 comentarios:

  1. Lo que tenía que hacer la directiva era dimitir. Nunca quisieron que la BUMM creciera, ya que si no hubieran peleado por aumentar su infraestructura. Si la BUMM creció fue gracias a los éxitos de los profesores y directores que por allí pasaron, así como de la gran implicación de sus músicos.

    ResponderEliminar
  2. Meaño adoece a pasos galopante de falta de un proxecto de futuro: todo se basea en... poñamos por exemplo: IMAXINA MEAÑO DENTRO DE 30 OU 40 ANOS. Se hai un proxecto de fondo teremos un pobo lindo, se non reflexionamos sobre isto, se non temos proxecto, se imos a salto de mata... é eso no que nos estamos convertindo. Sinceiramente, soño con deixar un Meaño bonito para as novas xeracións, que nos lembren por iso. Non polo que agora non estamos a facer, deixando que o tempo pase... en balde. Triste.

    ResponderEliminar