domingo, 13 de junio de 2021

*** Opinión

MÁIS QUE UN SENTIMENTO
 
O ascenso do Asmubal a Primeira Nacional foi máis que un fito deportivo. Transformouse nun sentimento, froito da comunión espontánea entre xogadores, técnicos, directivos e aficionados, que se empecinaron en loitar por un obxectivo común. Non tería sido posible se unha desas catro patas abdicaran. Logrado ante un todopoderoso Zarautz e no partido soñado, foi a guinda.


Foi (é) un sentimento en verdinegro, unha onda en crecemento á que quixo subirse ata unha parte da política municipal, que nunca estivera no pabellón en anos. Aquí, como en tanto, o que contan son os feitos, non as verbas ocas. Os feitos foron (son) os dunha Silvia Lobato, incombustible, faxándose e multiplicándose nos labores do clube, arroupada por un equipo directivo que traballou de arreo dun xeito altruista e admirable, que aplaude todo meañés de ben (máis xente que houbera así). Feitos foron os de Víctor Garrido, pola súa capacidade de anticiparse para crear, logo de aunar ao equipo para sorprendelo con imaxinación e cariño. Feitos son os do capitán Carlos Gehrhardt, meañés de pura cepa, que se cargou aos ombreiros o equipo dentro e fóra da cancha. Feitos son os dos xogadores que baixaban desde Carballo, desde Pontevedra, ou subían desde O Grove… todos, para tirar de Meaño e facernos grande. Feitos foron (son) os dunha afición que acaba de emerxer con forza para emocionar, empurrar ata o cumio e facervos grandes.


Debémosvos tantas cousas!. Detrás, todo ese traballo gris, indecible e constante durante anos e tamén esta tempada, lonxe das fotos, das palmadas, da adulación que tanto se busca na política, codeándose para ocupar o centro da instantánea. O deste clube foi pelexar cada palmo para que Meaño (só Meaño e desde Dena, sen localismos) sexa o centro.
Toca medrar desde ese equilibrio deportivo, económico e emocional. Pero toca facelo sen perder de vista o humilde equipo que somos, facer piña arredor dun sentimento en proceso que podemos legar (ou non) a toda unha xeración. Toca responsabilizarse cada unha desas patas, porque se unha delas coxea, o castelo do colectivo, e tamén o de cada un, virase abaixo con estrépito. E a estas alturas toca poñer na balanza responsabilidades e riscos.


ooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Tomamos prestado o título deste artigo dunha canción dos anos 80: "More Than A Feeling" (Boston: "Máis que un sentimento"). Para escoitala e ver o vídeo elixe abaixo nesta páxina "ver versión web" (ou pincha neste enlace: "Máis que un sentimento"



VALORACIÓNS      

A presidenta Silvia Lobato brindou a dedicatoria “ao tremendo esforzo de xogadores, Víctor e técnicos, máis a toda a familia que é a masa social deste pequeno club”. Sobre a festa admitía que “non o pensamos nin un momento, só estabamos volcados en que todo saíse ben na organización, coidando directivos e voluntarios detalles, mentres que xogadores e técnicos estaban concentradísimos para os partidos”.


Víctor Garrido
, lembraba que “tiven que facer esforzos para gardar a compostura cando acabou o partido, porque o corpo, despois de tamaña tensión, pedíame ir a vestiarios e chorar por tanto esforzo, por culminar desta forma un proxecto de só dous anos, con dous ascensos consecutivos e dar o salto a Primeira Nacional, categoría a onde nunca chegara Meaño”
O capitán Carlos Gehrhardt, que mesmo xogara en Asobal co Teucro, admitía que “agora si: isto é o máis bonito que vivín no balonmán -afirma-, máis aínda que cando a festa pola permanencia do Teucro en Asobal”. “Sendo meañés -agrega- o lograr un ascenso histórico no meu pavillón, diante da miña familia, de todos os amigos, e de todos esa xente de Meaño na bancada foi impresionante”. “Os afeccionados -admite- fixéronme chorar dúas veces: a primeira, cando chegabamos ao pavillón, cun recibimento impresionante, e logo, cando o asubío final e puxen os meus ollos na bancada, foron bágoas por unha emoción inmensa”.
 
 
O DATO: Nacho Otero marcou os 12 goles que o Asmubal tirou entre os tres partidos nesta fase.

INNEGOCIABLE: "Marrar un penalti ou un contragolpe, nunca" (Víctor Garrido")

A ARENGA: (no descanso ante o Zarautz), Victor Garrido ante algunhas caras cariacontecidas, arengounos: "eles pódennos gañar por ser máis altos -dixo-, máis fortes, poden gañarnos por ter máis ovos, que son vascos, pero a nós neste equipo, a corazón non nos gaña ninguén”.


 GALERÍA DE FOTOS (agradecementos Brais Míguez e Noé)   

Festexando o ascenso


Máis que un sentimento... ou non?


Palermo e Piro, locutores na retransmisión... fantásticos!


O baño da presidenta



Preparando xogada no tempo morto


Os irmáns Garrido


Poñendo cara aos que curran en gris desde a directiva


O equipo co alcalde Carlos Viéitez


O aplauso para a afición


De esquerda a dereita: Pablo (2º capitán), Silvia(presidenta) y Víctor (trainer)







Tenda do clube nas aforas do pavillón de Coirón






Lágrimas no Zarautz




Os Vázquez...


Os Gehrhardt...


O Zarautz vasco


Equipo do Realejos canario




Máis que un sentimento...


Campos, conducindo a pelota


Palermo & Piro


Preparando xogada en tempo morto


 Carlos Gehrhardt definindo polo extremo


Unha imaxe desde a grada no partido final ante o Zarautz


Pablo Piñeiro, definindo no contragolpe


Con sabor verdinegro


Víctor Garrido en vestiario, falándolle aos xogadores


Na charla técnica no hotel, antes de partir


Pablo Garrido no centro do equipo que entrena na base


Abrazo sentido entre ex-porteiro e porteiro do Asmubal




Ambiente fóra do pavillón tras o partido do ascenso




Deus... estou pingando!


Máis que un sentimento...
José Manuel e Brais Vázquez
(pai e fillo, meañeses, xogador
e segundo entrenador )


No hay comentarios:

Publicar un comentario