sábado, 4 de septiembre de 2021


Isto, amigo lector, non é un ventanal, senón un humilde Ventanuco. É o medio elexido para chegar a ti a tu xanela dixital desde 2013. Sen máis pretensións de compartir unha historia do Meaño que amamos (pero de verdade). Por iso o que máis nos gusta é chegar moitas veces con esas historias modestas, dos persoeiros discretos, que non se exhiben alí onde van. Porque cada quen ten unha historia. E aquí compartimos outro desos episodios da gaita meañesa tan prestos a esquecer. Tanto que neste verán, entre tanto evento musical, cinematográfico e demáis, promovido polo concello -e mesmo repetindo concertistas-, nen unha soa actuación ofrecida ao grupo de gaitas e baile tradicional da asociación Penaguda, con 30 anos de bo facer ás costas. Pois nós desde aquí, desde a tallo, reinvindicamos esa gaita meañesa que desde o sillón igñoran.

A GAITA MEAÑESA ACOMPAÑA A CARLOS NUÑEZ 

A gaita meañesa reivindicouse estos días días no Pazo de Baión cos gaiteiros meañeses Alberto Torres e Antonio Prieto, acompañando a Carlos Núñez no seu concerto da xira dos 25 anos de seu disco “A Irmandade das Estrelas”. Con él subíronse ao escenario para para facer oir as suas gaitas nos temas “Aires de Pontevedra”, “An dró”, e “Greenlands”.

Un momento do concerto de Carlos Núñez en Pazo de Baión, con Alberto Torres sobre a tarima á esquerda, e Antonio Prieto á dereita

Un concerto que se aprazara este verán ata en tres ocasións polo mal tempo, pero que nesta vez puido celebrarse a fins de agosto no marco do xardíns do Pazo de Baión, e co público completando o aforo disposto polo momento covid. A racha de sol que asomou entre as nubes á última hora do serán puxo a guinda máxica ao entorno.

Natural de Meaño, aínda que afincado en Nantes, Alberto Torres Domínguez, que tocaba por segunda vez co emblemático gaiteiro, recoñecía que ésta do Pazo de Baión “foi unha experiencia única, porque non todos os días podes tocar ao lado dun artista dese calibre, que tocou cos mellores:  Bob Dylan, Alice Cooper, Lou Reed ou o mesmo AC/DC, entre outros, porque Carlos Núñez ten un talento descomunal”. “Para min -agrega- resultou moi emotivo, tanto que sobre o escenario, naquel intre, acordeime de todos aqueles que me ensinaron desde neno a tocar, sempre con boas palabras, axudándome, animándome… Moito me gustaría que estiveran alí, para disfrutar dese momento e, sobre todo, o meu recoñecemento para Otilio Táboas, o mestre de gaita para toda unha xeración que me marcou para sempre”. 


Alberto Torres e Antonio Prieto
(1º e 2º pola esquerda) con Carlos Núñez
e o seu grupo tras actuar en Pazo de Baión

Precisamente, Alberto Torres iniciárase da man do mestre Otilio Táboas Fernández en 1989, integrando os grupos “Savia Nova” e “Os Terribles” de Nantes. Aparcou a actividade en 1993 para retomala máis de 20 de anos despois, renovando repertorio tradicional e de autor, e colaborando con grupos da comarca como “Penaguda”, “Bréteva”, “Gaiteiros do Mar”, “Gaiteiros de Salitre” e “Romaíña”, e mismo como percusionista en “Volandeira”. 

Pola súa banda, Antonio Prieto González, gaiteiro e presidente da asociación cultural “Penaguda” (liderando ademáis o seu grupo de música tradicional), apuntaba que “tocar ao carón de Carlos Nuñez sobre o escenario é unha experiencia única, é unha desas que se van quedar para sempre na memoria, e poder contalo no futuro”. “Ademáis -añade- fixémolo nun grupo onde a xente e o propio Carlos Nuñez estiveron super agradables connnosco, sempre atentos para que nos sentiramos cómodos en todo momento, e unha acollida así resultou moi entrañable”.

De esquerda a dereita: Manuel Arosa,
Antonio Prieto e Alberto Torres

Antonio Prieto, amén de Penaguda, formouse na Escuela Municipal de Música Tradicional en Vigo (ETRAD). Desde 2012 é unha das seis gaitas da orquestra de música folk “SonDeSeu”, a primeira do seu xénero en Galicia e unha das primeras de Europa, con 67 músicos baixo a dirección de Rodrigo Romaní.

CASA RODIÑO en Meaño
(salón de banquetes)



No hay comentarios:

Publicar un comentario