domingo, 29 de agosto de 2021

 

...A fins do verán, desde Meaño

Abrimos neste fin de semana cunha entrada fotográfica centrada no verán meañés, que está tocando as portas da fin e, en pouco, deixa asomar a vendima. Pero, antes de nada, toma nota: se tes un local por Meaño, e estás matinando en facer unha actividade para este outono, sen coste e sen compromiso, aposta pola poesía para aunar corazóns. De mans de poeta grovense Queco Fresco, presentámocho aquí. Por que non darlle algo de poesía? Meaño necesítao máis que nunca.

Onte, 28 de agosto, sábado da Lanzada, a Praza da Feira acollía o Festival de Bandas de Música, gracias ao empeño dunha organización que traballou de arreo neste ano atípico para facelo posible. E, pese a adversidade, este certame mantivo o tipo para convertirse por un momento en centro bandístico para os melómanos.

Un momento do concerto da Banda Unión Musical de Meaño


Banda de Música de Sanxenxo ao termo da súa interpretación

Engadido, hoxe domingo día 29, os primeiros atletas aviñéronse a facer realidade a iniciativa "CORRER POR MEAÑO-2", de mans da Asociación G.A.M. para manter a brasa da fogueira da Carreira Popular. Este colectivo pon marcha esta modesta experiencia, que só pode fraguar gracias a ti. Desde aquí un chamamento a meañesas e meañeses, a tod@s os que, sendo de de fóra, tendes viva na retina este pobo e esta carreira, para seguir alentando a brasa. Do contrario, apágase. Correr ou andar, todo serve: darás ti un paso por Meaño?

Andrés Sueiro e Oscar Fandiño (os dous de Dena),
acabando hoxe domingo en meta, ás 9,10 horas


Lembra, a experiencia está aberta ata o 18 de setembro. Podes coñecer os detalles  pinchando aquí nos seguintes enlaces:


POLO VENTANUCO-Correr por Meaño-2

Carreira Popular de Meaño'2017

E  tres palistas meañeses acaban ser de ser seleccionados para integrar a selección galega de tenis de mesa para o campionato de España por autonomías. Elas son, Marina García e Laura Forte, que concurrirán na modalidad de idade escolar (Los Alcázares en Murcia, do 2 ao 5 de setembro) e Mónica García do CTM GAM que acudirá na categoría de veteranas (días 18 e 19 de setembro na localidade abulense de Candeleda).


De esquerda a dereita: Mariña García, Mónica García e Laura Forte


Compartimos tamén desde aquí a obra que se iniciou para apertura dunha rúa en Lores, proxecto que foi concebido polo concello en 2012 e que agora, por fin, chega a porto. Nunca é tarde se a dita é boa.

Inicio da obra de apertura da rúa en Lores para comunicar a estrada coa igrexa

E outra que, despois de terse pelexado, o goberno local aviuse a facer en aras a salubridade das traballadoras do andar baixo do consistorio (que tamén existe). Xa sabemos que convivimos co radón (co tabaco, cos gases dos vehículos e todo iso). Trátase, non de evitalo porque é imposible, pero si de minimizar os riscos. E se carece de importancia o radón: por que se fan estas obras? Por que a lei de construción obriga en España e Europa nas novas construcións?. Podemos facer como que non existe ou problema, ou podemos admitir que existe e só nos toca tomar conciencia.

Obras para mitigar o radón na angar baixo do concello


NUN TRIS-TRAS...

TRIS: Fin do concerto da BUMM


TRAS: Carreira Popular de Meaño'1989
Os irmáns Dani (entrando gañador) e
Carlos de la Torre (olímpico Barcelona'92)


Restaurante CASA RODIÑO, en Meaño (terraza)








No hay comentarios:

Publicar un comentario