miércoles, 11 de mayo de 2022

Sendeirismo/roteiro 1                                 

NA PROCURA DOS TESOUROS AGOCHADOS

 

Primeiro roteiro dun ciclo de tres para esta primavera, organizados pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. Serán tres etapas cun final inédito, na procura dun tesouro meañés, desos que pasan desapercibidos. Final, pois, con sendas visitas en propiedades particulares, nas que terás ocasión de ver de preto o que non sabías (ou non te decatabas)... E en única función!.

O primeiro será este domingo 15 de maio, con partida ás 10,30 de parque da Rúa dos Colexios en Dena, cun percorrido pola costa desta parroquia, que aúna mar e monte. Unha etapa de 5 kms, cunha duración estimada de 60’ (inclúe 10 de descanso intermedio). Por orografía, dificultade baixa, pero eso si, o reto que imos prantexar neste estreno vai ser o ritmo: non se tratará dun paseo domingueiro, senón dun roteiro a ritmo, onde terás que poñerte a proba, porque imos a disfrutar da paisaxe, pero facendo deporte. Atréveste? Agardámoste!

A participación é totalmente libre, pero precisamos que te inscribas, porque o acceso ao tesouro é mo limitado. Ademáis  no roteiro, contémplase un alto de 10' para un lixeiro almorzo co que poder que recuperar folgos… E, acto seguido, de volta ao ritmo. Así, pois, para inscribirte, manda xa un correo co teu nome a asociaciongam@gmail.com antes do sábado 14 ás 20 horas.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario