Extra...!
A COVA DO
TRASNO… EN LORES
De
mans da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M., o foro de debate-coloquio “A
Cova do Trasno”, segue a reinventarse inter-parroquialízandose nesta entrega de
outono. Lores é primeira parroquia elexida, co gallo da proxección de película “La
joven casada”, dirixida por Mario Camus e protagonizada pola sex symbol dos
anos 70 Ornella Muti. Una película estrenada o 17 de novembro en 1975 (tres día
antes da morte de Franco), e que fora grababa en gran parte en Lores, con
centro na “casa dos Calviño”, contando mesmo como actores ocasionais ou paseantes
de fondo de escena a veciños de Lores.
Será
este vindeiro venres 10 de novembro no salón de actos da Casa de Cultura de
Lores, e con entrada libre ata agotar aforo. Antes, centraremos a escena e a
casa mater desta película, que fora propiedade do político máis importante da
historia de Meaño, o gran descoñecido e que a memoria nunca se afanou en
rescatar. Nós farémolo este venres no marco deste acto cultural enmarcado nun cine-forum
para non esquecer.
Desde
aquí, o chamamento aos veciños de Lores, maiores que lembra a película e mozos
que nunca a viron. Un convite que extendemos tamén a todos aquelas xentes de
Meaño e dos arredores ávidas de coñecer (e ver) este episodio que marcou unha
época. Porque “A Cova do Trasno” atrévese co que outros non fan, nun formato
fresco, directo e entrañable, no que normalizamos o Meaño plural con todas súas
cores, e onde o protagonismo é para xente que quere conversar. Sen ti, non
sería posible. Non faltes!.
FICHA
TÉCNICA
Director:
Mario Camus
Duración:
99’
Xénero:
drama.
Intérpretes:
Ornella Muti, Pilar Bardem, Antonio Casas, Mª José Alfonso.
Sinopse:
A crise matrimonial dunha nova
parella burguesa.
MARIO
CAMUS:
Dirixiu
películas, como “Los Santos Inocentes”, “La Colmena”, ou “La Ciudad de los
Prodigios; e series de televisión como “Los camioneros”, “Curro Jiménez”, “Fortunata
y Jacinta” ou “La forja de un rebelde”.
Premios:
Oso de Ouro en Berlín (1983) por “La colmena”, gañador do Festival de Cannes
(1983) por “Los santos inocentes”, Goya de honra (2011).
ORNELLA
MUTI: Protagonizou películas como “A última muller”, “O solterón domado”, “Perversa”,
“Muerte dun corrupto”, “O conde de Montecristo”, “A muller de Triestre” ou “Flash
Gordon”, entre outras.
Premios:
Orden ao Mérito da República Italiana, Targa d’Oro (1976)
FOTOGRAMAS DE "LA JOVEN CASADA" EN LORES
No hay comentarios:
Publicar un comentario