sábado, 4 de noviembre de 2023

***Opinión

IMPOSTOS MUNICIPAIS

Ante a subida do IBI, que foi aprobada "de tapadillo" nun pleno ás 14 horas deste pasado luns, cómpre, primeiro, aclarar, que falta á verdade o rexidor Carlos Viéitez cando afirma (e escribe) que a suba aprobada do 18 por cento do IBI vaise traducir nun incremento “de 20 euros nos tramos estándar” nun recibo da Urbana. Ese eufemismo de “tramo estándar” que só sería aplicable a unha infravivenda antiga que abone uns 100 euros de IBI, porque en Meaño, como na inmensa maioría do noso entorno, calquera recibo de IBI móvese en 300, 400, 500 euros, ou máis. En consecuencia, a matemática demostra que esa subida será de 54, 72 ou 90 euros (ou máis), o non os 20 que argumenta, co silencio cómplice da inepcia dos que, ao seu carón, non se prantexan nada.
E, segundo, subir dunha tacada un 18 por cento un imposto sobre a necesidade máis esencial que existe (a vivenda), cando menos, semella irreverente. Meaño, para incrementar os ingresos cos que soster uns servizos públicos esquecidos e relegados segunda división baixo este mandato, o que precisa, non é tanto subir, senón cobrar os impostos.
 
Así, é público (e notorio) que este concello non cobra as tasas das terrazas de hostalería en espazos públicos, que se ingresa cero euros por este concepto, cando precisamente resposta a unha actividade económica que conleva a gañancia adicional. Se tiramos da ordenanza municipal de 1997 onde se establece o abono de 100 pesetas por mesa e día (entonces equivalente ao prezo dun café, que era o espíritu da tasa), teriamos que o concello, por caso, ten a obriga de devengar dunha coñecida cafetería en Dena unha cuantía que, traducida, suporía… 2.190 euros ao ano! Unha tasa que, pasados 26 anos, si que precisaría de actualización, e que, ao prezo do café, sería 1,50 euros mes/día por mesa, ou, o que é o mesmo, 5.475 euros por ano!. Só nunha das terrazas, pero é que hai máis.


Se engadimos, os vados en zona urbana, non dados de alta (paséese pola Rúa de Galicia), que non abonan, pese a estar obrigados; e algúns parróns sobre a vía pública, tamén obrigados a pagar a tasa 500 pesetas de 1997 (3 euros) m2 que tampouco abonan (un parrón de Paradela, polo que desde fai anos reclaman os veciños, conlevaría uns 450 por ano, que vostede non cobra). Cobrar os impostos municipais é un deber, non un dereito, e ten que ser o alcalde (non outra persona) a quen lle cabe dar as ordes oportunas para obrar en consecuencia.
En fin, cada quen (se pensa) pode darse de conta da veta por onde se lle escapan os cartos a este goberno na súa deriva. De cobrar os impostos aprobados, ben podería ter aplicado unha suba máis moderada no IBI para ingresar o mesmo (ou máis).


E unha última. O vindeiro día 12, cita no pavillón de deportes de Xil no xantar con Carlos Viéitez. Convén non enganarse e non disfrazalo de "Xantar do Nadal" un 11 de novembro, que mellor sería un "Xantar polo San Martiño", ou non?. Non é un xantar de nadal nen tampouco un "Xuntos por Meaño", senón un "Xuntos coa formación política Veciños de Meaño". Vostede, se decide ir, saiba que vai expresamente un acto político para aclamar ao "duce". Nen máis nen menos, pero con libertade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario