IN MEMORIAM: DANI PORTAS
O ceo abríase a xeito de choiva, percutindo
incesante nos paraugas para acompañar o “Cerca de ti, Señor” que facían soar na
praza as bandas de Meaño e Santiago. Unha choiva que axudaba a diluir as bágoas dos músicos máis novos, mentras tocaban baixo un mar de paraugas que
os acollía tenros. E logo outra vez, camiño do camposanto, silendeiro.
Dani deixounos cun temporal emocional e
metereolóxico, desos que rachan con todo o que atopan ao seu paso. Atrás, deixa
ese vacío abisal que nunca se poderá encher na vida dos seus, e de todos
aqueles que compartiron intres con el. Deixounos sen a música do seu trombón, atrezo
indisoluble, compañeiro inseparable e silente, co que para sempre o
lembraremos.
Co tempo descobres que na vida, conforme pasan
os anos, van asomando máis ausencias que presencias novas, ausencias que,
inevitablemente, coleccionas nun curruncho da memoria, mentras ésta aguante. Descobres
que todo se vai e que todo pervive, descobres que moitas veces o máis fermoso é
o que perdes, descobres que ao cabo, cando a terra se abre debaixo dos pes, non
queda outra que cair… pero seguir.
Foise o músico, o mestre, a persoa dóce e
tranquila, modesta e humilde, que vías asomar a cada paso no seu sorriso,
mentras engurraba os ollos. Foise o cachiño
de pan, tenro que era. D.E.P., mestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario