domingo, 14 de diciembre de 2025

"38 poemas para dispois de cear" (poema nº 18)

 


Agora que ten vexo debruzado na barra

ca túa roupa miserenta,

despeitado e algo bébedo,

ollos mortos, un chisco de barba,

agora que te vexo

penso en cando fuche un neno

cheo de ilusións coma todos os nenos,

cunha onda no pelo e vestidiño de branco,

e cunha nai todo sorriso

que che miraba inventando

futuros de nai. 

Agora que te vexo ca túa roupa miserenta

gostaríame que tiveses cartos e traballo,

unha casa, algún amor e tal…

Ou polo menos valor para colleres unha metralleta

ca que poderes diaparar contra de todos iles,

os pais do Gran Terror,

do noso Terror,

do único Terror que temos coñecido nas nosas vidas

de fame, atrancos e inxusticias,

por máis que os periódicos nos queiran convencer doutra cousa.

 

Agora que te vexo, digo,

desexo o millor pra ti

porque sei que un día

tamén eu estarei

debruzado borracho en calquera parte

ca ollada morta pousada nalgures.

E daquela gostaríame que tamén

alguén ao mirarme

desexase cousas fermosas para min.

 

"38 poemas pra despois de cear" (Anxo L. Baranga-X.A.M.), 1983

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario