In memoriam
TINO RODIÑO
Nestos últimos tempos a vida levoute a paso
cambiado, ata que a parca arroloute no seu último vals. Aínda que houbo
momentos para ceder, a túa porfía mantívote en pe, e fixéchelo ata o final.
Supoño que todos morremos un pouco ao paso que
se van o seres queridos. Agora en que todo se esfuma, só fican as lembranzas
dos momentos vividos. Aquelas tertulias de serán de dominical no “Museo” en
Vilagarcía, en que os catro acabamos teatralizando cada disputa imaxinaria por
reinventar Meaño, surtindo as ocurrencias con risotadas tan entruendosas que
ata nos levaba a levantarnos da cadeira para superar a anterior cunha idea
aínda máis exuberante. Aí naceron festas, verbenas, o “levantaghaitas” como
cóctel de parranda mentras tocara a orquestra… Todo iso fixo enraizar máis o
que xa levabamos dentro: o sentimento da parroquia de Meaño, de “pura cepa”, do
que presumiamos sendo novos, e que perdurou por sempre. Algo que, por moito que
trates es explicalo, moi poucos entenden ou senten.
E da política... que dicir? Aqueles improvisados debates, que
arrancaban no formal, precipitábanse ao pouco ata esperpento, para ver a quen
se lle ocurría o argumento máis estrafalario, e dicilo en voz alta sen cortarse,
provocando un ataque de risa tal que outro espetaba presto: “Hala! Chama a Mirazo!”, para escenificar o K.O. dialéctico (Que dóce era chorar de risa entonces!).
A medida
que pasa o tempo de ausencia, os trazos
físicos dos que faltan aquí empezan a esvaecense na memoria. O que perdura é o
xesto. Na miña mente farao o do teu sorriso resoante. Que o pó cósmico das estrelas que te atoparon arriba te inunden de luz, “tocayo”, como ti solías dicirme.
“En cuestión dun momento
perdinme ata o fin dos tempos.
É o anoitecer de outro día,
e o fin do meu”.
The Alan Parsons
Project: “Some Other Time” ("Noutro tempo")
No hay comentarios:
Publicar un comentario