Aquí ven o maio en Meaño…
COA CARREIRA DE CAMAS e máis
Anticipamos esta entradiña porque a situación o requeire. Primeiro fin de semana de maio, e desde aquí facémonos eco dunha dobre cita para os meañeses e todo aqueles que gusten de pasarse por este concello. A primeira, no tempo, é mañán sábado día 2 de maio, as horas as 12:00 do mediodía, cunha concentración en defensa na sanidade pública en atención primaria. Convocada polo BNG -que, por moito que diga algún, neste portal non entendemos de siglas, senón de razóns-, desde aquí o noso chamamento para acudir a esta concentración que será ás portas do centro de saúde de As Covas. Non fiques na casa, se queres que isto mellore, que a túa cita médica en atención primaria non tarde case que un mes, que se cubran as baixas para ter atención sanitario de calidade sen sobrecargar a outros galenos, se ti queres, realmente, tes que moverte. Un xesto conta moito, só acude a sumar forzas. Lembra: mañán non representa a ningunha siglas, mañán represéntaste a ti, cargado das túas razón.

Unha instantánea da Carreira de Campas Sobre Rodas en Meaño
Festa da Inmaculada
E a segunda cita, e esta festiva, a “XX Carreira
de Camas Sobre Rodas” que organiza a comisión de festas de Inmaculada e que se
celebra este fin de semana. Unha carreira irreverente e desternillante onde o
único que se garante a o risa e bo humor. Seis camas rodantes estarán na liña
de saída este domingo día 3 ás 19:00. Entre elas, “Os Rompecolchóns”, “Os Circadianos”, “O Asaltacunas” ou “O Chunguitos”,
ataviados para a ocasión con pixamas, camisón ou picardías, a imaxinación de
cada quen. Xunta disputarán a honriña dun título para entrar na historia
desta carreira que nos sitúa cada ano no mapa en Galicia con tan so un cuarto
de hora trepidante con gargalladas a mandíbula solta. Se non viches nunca,
vente Meaño… Non o vas a crer! Camas rodantes!! Como sacadas dun soño!!. Ah! E despois
da carreira empeza xa con día a verbena con pase único da orquestra “Os
Satélites”, mítica formación da verbena galega desde fai décadas.

.jpg)
Un intre co concerto de Paco Nogueiras
.jpg)


.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario