sábado, 10 de octubre de 2026

 

Sacamos o pó, reordenamos o local, demos unha man de pintura e xa podemos reabrir este Ventanuco, regresando na data comprometida, e como norma, con nova imaxe. Iso si, voltamos e retornar libres, con novas historias para o curso 2026-27. Lembra que éste é un portal de libertade, aberto tamén a ti. Se queres publicar nel, non tes máis que enviarnos texto, nome (e fotos, se a túa intención é ilustrar o teu escrito: opinión, relato, poema...) ao correo-e poloventanuco@gmail.com 

PUNTO DE EBULLICIÓN

Cal é o punto en que un alcalde entra en ebullición nos plenos? Depeeennde! En Meaño, ese punto ao que se chega é moi baixo. Vexan senón o acaecido no último pleno a fin de setembor. O asunto dos costes de Carlos Sobera para a Festa do Viño, e iso tanto preguntar sobre os costes desa festa semella telo frito… Todo por non respostarlle á edil nacionalista Rosana Domínguez cunha simples cifras. No pleno de fins de xullo, cando lle preguntou en resposta presentada en prazo e e por escrito para respostala en pleno, díxolle que non sabía. E agora, tras repetir a pregunta dous meses despois, a edil do BNG tivo que sacarllos con sacarcorchos. Hai que ver como se encende a autoridade por nimiedades así! (menos mal que a edil nacionalistas aguantoulle o tipo e non se deixou avasallar). Como “a imaxe vale máis que mil palabras”, servímos aquí un extracto do vídeo que che amosamos, entresacado da sesión plenaria de carácter público (ver para crer! Isto si que é talante!):


   
Unhas cifras, as do rexedor, da Festa do Viño que, retorcidas, diranche o que queiras. Tal e como anunciábamos na última entradiña deste Ventanuco, a veciñanza (e o BNG) demanda cifras reais: canto se gastou na festa este ano (e diciamos xa entonces: “non só os cartos do Concello, senón todo o adicado ao evento do erario público”), pero esas cifras calanse para maquillar o resultado global.
Por certo, e isto é unha nova: Carlos Sobera foi albergado polo concello en Villa Lores. Se queres consultar prezos por noite deste establecemento, non tes máis que consultalo en Booking ou portal similar. Delicatessen! (Asómbraraste!).
 
Orzamento municipal
E unha máis: nese pleno confirmouse tamén que Meaño, de novo, non contará este ano 2026 con orzamento municipal. Será para 2027 que si comprometerá un orzamento. Non vai ser outra! Acudir ás eleccións municipais sen ter o documento nese ano faríase insostible. De momento nesta lexislatura que toca ao fin, só uns orzamentos presentados e aprobados… E iso que se ampara nunha maioría absoluta. Por que nunca deu a verdadeira razón de ausencia de orzamento? Se contase a verdade, ruborizaríase a veciñanza. Por iso, nunca o fará.
E a última: neste pleno último figuraba na orde do día punto nº 6, baixo e epígrafe literal de “liñas fundamentais do orzamento 2027”. Un punto que o Carlos Viétiez ventilou cun escueto dato, precisando que ese orzamento “rondaría os 4,3 millóns de euros”. Nin unha verba máis, nin  unha verba menos. Menudas "liñas fundamentais do orzamento", que nin trazou nin expuxo. “Rien de rien”.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario