Como cada ano pechamos este Ventanuco por unhas
semanas. Facémolo superando a cifra redonda de máis de 500.000 visitas (ver contador
na marxe dereita versión web). Asueto co obxecto de coller pulo, remozar o
local, barnizar as contras, aceitar a bisagras e regresar voltando a abrir esta tasca virtual o 10 de
outubro. Aquí, última a entrada do curso 2025-26.
ASUNTOS INTERNOS
Toca despedirnos lembrando na política municipal asuntiños pendentes desta alcaldía. Por que Meaño concello non ten presupostos municipais
desde desde 2024 cando Carlos Viéitez goberna con maioría absoluta? E por que
está obrigado a realizar un Plan Presupuestario a Medio Prazo
(2026-29), que obrigará a Meaño recortar os investimentos nos tres vindeiros
anos, pasando de 1.800.000 euros a 500.000 en 2027, 2028, e 2029?
Por
que non inviste na terceira idade sabendo que unha urxencia? En 2023 faciamos
neste portal unha técnica previsión demográfica: tiñamos 5.271 (polos 5.987 que
fora a cifra mis alta de poboación en 1987). Seguimos caíndo: en 2026 temos
5.235… En quince anos, caeremos por debaixo do soporte de 5.000 habitantes, coas
consecuencias que diso se derivarán.
E os
anciáns? En 2023 tiñamos 1.701 persoas con 60 ou máis anos cumpridos. Seguimos subindo:
en 2026,somos 1.728, o que supón de pleno xa, o 33 por cento da poboación. Onde está o
Centro Social Polivalente que Carlos Viéitez anunciara a bombo e prato en 2019 como obra estrela aquela lexistatura? Pasados sete anos, e a piques de cumprir o segundo mandato,
nen unha pedra. O seu é o asfalto, asfalto, asfalto… E comida e festas.
Por
certo, falando de festas: por que que non presentou aínda as contas da Festa do Viño? Referímonos que contas reais é todo o gastado na festa (non só os cartos do Concello de
Meaño, senón todo adicado ao evento do erario público). O BNG estimou
80.000 euros. Nós, imos máis alá, esa cifra rondou, de partida,… os 90.000
euros! (orquestras, charangas, carpa, empresa, xantares…). De presentar contas
(¿?), a ben seguro que o fará cunha boa capa de maquillaxe para desviar a atención. Ao tempo.
E
unhas pinceladas engadidas. Unha de atrás: por que aínda non sabemos nada da recuperación do cruceiro de Aldea de Abaixo en
Cobas, que rompeu en 2019 a firma Taboada e Ramos e que sete anos despois segue no dique seco sen repoñerse nen depurarse responsabilidades?
E dúas actuais: Por que non da conta de si a
adega (que foi responsable duns verquidos que supuso unha multa de Augas de
Galicia ao Concello de Meaño por importe de 1.930 euros), abonou a multa que
pagou o concello? (En primavera recoñeceu no pleno que a adega ía asumir a
sanción: abonouse de facto ou non? Porque non o mostrou á oposición en pleno… E ésta, tristemente, non voltou a preguntar). E, a última: Por que non convocou en prazo a nova
adxudicación da tasca “Muiño do Ferreiro” que vencera ciclo, e tivo que inventar un truque para
mantelo aberto en verán cunha prórroga sacada da manga. Pero, por que non
emprega unha axenda, oh?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario