UN TORNADO ARRAMPLA CO PAVILÓN DE DEPORTES DE XIL
Meaño sufríu o pasado sábado día 6 de febrerio un tornado que derruíu o pavillón de deportes de Xil, dous grandes invernadoiros e causou graves danos en media docena de casas e no CEIP de Coirón-Dena. Foi as 16,30 horas cando se esta tromba mariña tocou terra e transformouse nun tornado que subíu por Dena cara a Xil. Segundo testimuñas entrou pola zona de Seixiños, avanzou cara a Coirón e subíu para ladeira de Xil reactivándose e golpeando de cheo contra o pavillón de deportes que está na zona alta, preto do monte.
Así quedou o pvaillón de deportes de Xil tralo paso do tornado |
Milagros Arosa, que o vivíu na casa casa do seus pais á que llevantou o tellado polos catro costados en Xil explica o sucedido: "Sentín un estruendo grande como se fora un trono... Cando saín xa vin como o contenedor azul de enfrente voara sobra a estrada e veu petar contra a nosa porta, outro contenedor amarelo estaba enriba dunha parrra de viña e ao fondo o pavillón de deportes tiña todo o frontal de aprte do teitoderruidos".
Tal forza acadou o vento nesa turbulencia que retorceu a estructura metálica do pavillón e varias láminas da cuberta acabaron de igual forma en viñas e montes de preto. Mesmo unha delas, duns 20 metros de longo por 1,50 de ancho, ancabou enroscada ao tronco dun eucalipo a gran altura.
Un dos invernadoiros derruidos |
Tres foron as casas damnificadas en Xil. A elo uníronse dous grandes invernadoiros de 380 m2 cada un, propiedade de Milagros Varela, toda una vida adicada a eles en vendendo verduras na praza do Grove. "Foi tremendo -afirma- rompeu o plástico e coa forza que fixo retorceu tódolos ferros da estructura. Para min é dano enorme, arrasoume todo".
En Dena os efectos tamén foron grandes: rompeu as chimeneas de duas casas en Coirón, levantou o tellados de tres, arrincou de cuaxo o pilar de formigón dunha a terraza, arrincou árbores dunha eira, algún dos cales tiña máis de 40 anos, provocou danos na cuberta na nave de Excavacións Carabel e no CEIP de Coirón fixo voar contenedores cargados, tellas que romperon cristais de catro ventanas, una porta traseira, baixantes canalóns de aluminio seccionadas e mesmo levantou sacando da guía o pesado portalón de ferro de 4 metros de longo por 1,80 de alto que da entrada a rúa interior do colexio.
Imaxe do CEIP de Corión o sábado tralo paso do tornado |
Nunha das vivendas afectadas en Coirón, Emilio Cabaleiro e a sua dona foron testimuñas de expepción: "estaba sesteando un chisco na sá despoois de xantar -explica- cando o estruendo me sobresaltou. Cando me asomei enseguida vin un gran remuiño de choivaa e vento que arrasaba con todo ao seu paso. Foi cuestión dun minuto, pero vin voar tellas, mesas de terraza rompendo contra a cancela, mesmo un bloque de formigro foi parar á viña do fondo".
Ao carón, no restaurante Casa Portuguesa, traballaban de arreo en cociña cando os sobresaltou o tornado e unha tella arrincada da cuberta do colexio entrou de súpeto cun na cociña: "impactou a gran velocidade na cristal da ventana -afirma José Ruel, qeu rexenta coa sua dona o establecemento hosteleiro-, rompeuno e rebotou na balsosas de varias paredes da antes da acabar no chan". "Non tivemos unha desgracia -continúa- porque non estaba de ser, dado que nese intre estabamos catro personas traballando en cociña e a tella mailas esquirlas de cristal saltaron por tódolos sítios". Incluso no exterior nos mostra como o vento arrincou literalmente unha ventana dunha galería corredeira, e doblou outras dúas.
A continuación ofrecémosche unha completa reportaxe fotográfica dos danos causados.
Danos no pavillón de deportes de Xil...
No eucalipto do fondo vese enroscada unha lámina da cuberta do pavillón |
Outra imaxe da lámina enroscada no eucalipto, captada mesmo debaixo |
Outros danos en Xil...
Desde onde voou esta roupa interior? |
Danos no CEIP de Coirón-Dena...
Técnicos de Eduación avalían os danos no colexio na xornada do luns |
Outra imaxe dos técnicos recabando información |
Outros danos en Dena...
En primeiro termo unha das láminas do cartel publicitario do fondp en Coirón que pasou por enriba da estrada para cair no outro lado |
Chimenea arrincada en Dena |
José Ruel móstranos a ventana que arrinco o vento na galería exterior seu restaurante |
No hay comentarios:
Publicar un comentario