HOXE, ÁS 17,30: ASMUBAL-GRUPO
ASTUR
Agotado o aforo interior, poderás seguir este partido desde a pantalla xigante no exterior
de pavillón de Coirón, ou pola canle Asmubal en YouTube, disfrutando da narración e dos
comentarios con chispa de "Palermo" e "Piro" (bravísssimoooosss!!!!)
Ah! E se queres tomar o café máis inesquecible da tarde ou a cervexa máis emotiva... pásate pola cantina do club. E aproveita, para mercar na tenda outlet do Asmubal, e mesmo levarte a camiseta para unha lembranza do evetno. Todo a pe do pavillón. Pasa por Coirón e
colabora coa causa do clube. Necesitan de ti. Non te quedes na casa, pero acude con prudencia pola medidas anti covid.
Porque a organización do Asmubal mima aos equipos que nos
visitan. E esta mañán, os catro equipos (vasco, canario, asturiano e
galego) disfrutaban de vista guiada e aperitivo nas Adegas AQUITANIA en Castrelo (Cambdos), firmas que patrocina ao séniro masculino meañés baixo a denominación formal de Bodegas Aquitania Asmubal. Meaño, corazón do Salnés: un destino reparador, lonxe e preto de todo. Se estás pensando un lugar para este verán: pensa en Meaño. Sorprenderate!
Foto de familia hoxe sábado, 4 de xuño en Adegas Aquitania (Foto: Brais M.) |
O capitán Carlos Gehrhardt (de pura cepa... meañesa) (Foto: Brais Mïguez) |
Aquitania Asmubal nas adegas que sponsorizan ao clube. E abaixo outros mementos da visita. Toda estas fotos cedidas por Brais Míguez) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario