sábado, 25 de enero de 2020


WANTED!
PROMOCIÓN DE 1980-81 DA E.X.B NO COLEXIO DE COIRÓN

En marcha xa unha iniaciativa para reunir ao alumnado da promoción de 1981 do colexio de Coirón-Dena, e que compartimos desde aquí a través no noso particular Ventanuco. Se eras do municipio de Meaño e acabaches 8º da entonces E.X.B. naquel curso 1980-81 no colexio de Coirón (aquela promoción que foi de excusión de fin de etapa aos Ancares), ou ben coñeces a quen cursara ese 8º daquela, non dubides en poñerte en contacto connosco a través desta páxina (escribindonos por privado a través da sección “comentarios” (poderás acceder aquí abaixo, premendo onde pon “no hay comentarios”, e teu aviso chegaranos automáticamente por corre-e), ou ben través de facebook “Polo Ventanuco” por privado, ou mesmo, se queres, directamente, poñéndote en contacto no teléfono 607 562 284, que se corresponde coa administradora deste grupo. Estimado lector, divúlgao para dalo a coñecer. Porque sen a túa axuda non será posible.


Grupo da promoción do curso 1980-81 na Torre de Hércules,
cando a súa viaxe aos Ancares

Neste momento son 15 os antigos alumn@s localizados que integran xa o grupo de wsp: Pasy, Santi, Gerardo, Rocío, Mª Victoria, Mari, Minia, Tino… No listado que temos nas mans, a cifra de alumn@s ronda os 55-60. Propoñémonos localizar a case todos a través das redes e xuntarnos para unha comida entrañable na que revivir emocións e disfrutar unha experiencia inesquecible: recomendable para o corazón.


O movemento está xa en marcha: botásnos un cabo?

P.D. Ah! E se tes fotos daquel curso podes facilitárnoslas por privado a través do facebook Polo Ventanuco. Moitas gracias!


No hay comentarios:

Publicar un comentario