A WEB MUNICIPAL DE MEAÑO, ANQUILOSADA DESDE 2002
A web municipal meañesa, que permañece en esencia inalterable e co deseño coa que foi creada fai 19 anos, adoece dunha renovación e actualización que xa foi demandada en diversas ocasións nos últimos anos. Unha páxina que mantén pestanas historicamente baleiras e que nunca foron cubertas, e outras cunha información obsoleta tal que, mesmo nas resolucións da alcaldía, ofrece como última colgada decisións que superan o ano de antigüidade.
Unha das imaxes de presentación de web municipal
Desde
a oposición demandáraselle xa a Lourdes Ucha na anterior lexislatura, e
repetíase agora con Carlos Viéitez. Nisto incidía o PSOE meañés que, en plena
campaña en 2019 manifestaba a través das verbas da súa alcaldable Ana Belén
García, a petición dunha web municipal “operativa e ben actualizada, que a que
existe hoxe non o é nin o está”. Antes, en abril de 2019, a entón portavoz
socialista Icía García reprochaba á rexedora Lourdes Ucha a xestión da web “a onde
se soben tarde e mal os anuncios”. E neste 2020 Manuel Radío facía o propio con
Carlos Viéitez solicitando maior présa na información que se serve a través da
web.
Percorrido
pola web
Un
percorrido pola páxina web meañesa municipal evidencia lagoas de actualización.
Así na organización do concello de Meaño, as seis comisións de organigrama do
goberno local non contemplan a reforma implementada en novembro de 2020, tras a
disolución do grupo do PP na corporación. Unha remodelación na que cada unha
das comisións, ata entón integrada por dous edís do PP, pasaba a contar cos 5
dos “non adscritos” (que, a pesar do seu número, terían nas súas mans 3 votos,
isto é, 1 máis que antes, o que lle outorgaba maioría absoluta nas comisións co
voto de calidade do alcalde-presidente). Así, transcorridos oito meses desde
aquela decisión plenaria, a web municipal segue mantendo nas comisións os nomes
do seu formato orixinal de 2019, que era de 5 membros por comisión, cando desde
novembro de 2020 rezan 8 por cada unha.
No
capítulo de “perfil do contratante-contratos menores”, o último acordo asignado,
no eido de “servizos”, é a iluminación de nadal de 2020, que obedece a unha
resolución adoptada en novembro de 2020. En “subministracións”, o última
responde a xuño de 2020. En “obras” o derradeiro recollido é de fai xusto un
ano (xullo de 2020). E en “adquisición de terreos” o último que recolle a web tamén
remite a xullo de 2020, en relación á compra dos terreos do aparcamento de
Coirón (que xa deixara pechada Lourdes Ucha), mesmo non figurando a adquisición
de terreos para o auditorio, formalizado ante notario en abril deste 2021.
Portal
de ¿transparencia?
Pola
súa banda, o “portal de transparencia” adoece tamén de baleiros. Así, en
“patrimonio” a web municipal, tanto o capítulo de inventario de bens e
dereitos, como no cartafol de vehículos oficiais adscritos á entidade, carecen
de información ou documento algún. O mesmo ocorre en “participación cidadá”
onde as seis pestanas en que se divide permañecen a cero. Idéntico baleiro
mantense en “situación ambiental”, “situación de tráfico” e “catálogo de
procedemento”.
Imaxe da web co bloque "patrimonio" cos cartafois a cero
Ademáis
neste portal de transparencia, e dentro do bloque “institucional” mantéñense
vacuos (sen nada escrito, a cero de documentos), as pestanas “currículo alcalde
e concelleiros”, “organigrama e función”, “plan e programa de obxectivos” e
“altos cargos”. En RPT (Relación de Postos de Traballo), coa que a día de hoxe
aínda non conta o concello meañés, tamén aparece baleiro de documento algún, en
base a un proceso de elaboración que arrancou en 2018 pero que aínda non
cristalizou. Tamén historicamente no capítulo “contratación” permanece a cero
as pestanas “principais contratistas”, “datos estadísticos”, e en contratos
menores, contén 20 resolucións, pero todas elas correspondentes aos anos 2017 e
2018, e non máis recentes.
Unha
ferramenta da que se fai eco a web é a “participación na elaboración de
normativa”, un trámite que, segundo se anuncia neste portal municipal, de xeito
explícito reza: “permite participar, con carácter previa á elaboración do
proxecto ou anteproxecto de Regulamento ou Ordenanza, a través da información
servida pola administración no seu portal web, solicitar a opinión dos suxeitos
e das organizacións máis representativas, potencialmente afectadas pola futura
norma”. Uns anteproxectos que, na práctica, nunca aparecen colgados para a súa
accesibilidade. O Regulamento de Participación Cidadá foi o último exemplo dun
documento capado, que nunca estivo exposto, non tendo acceso ás suxestións
presentadas polos colectivos que, no momento de ser tratadas en pleno, a
alcaldía optou na sesión por non lelas impedindo que os cidadáns coñeceran o
contido das alegación presentadas.
Desde
2002
O
concello de Meaño dispón desta web municipal desde 2002, ano en que foi creada,
e que é a que se mantén en esencia hoxe. Cando a súa creación, o entón rexedor
Jorge Domínguez reuniuse en novembro daquel 2002 con empresarios e autónomos
para presentar a ferramenta desta web municipal, prevendo incluir unha listaxe
de todas as empresas do municipio, coas súas direccións e teléfonos a modo de
publicidade sen custo algún. Foi unha listaxe que nunca acabou por
confeccionarse. Tampouco ningunha empresa tirou do recurso de poder inserir a
súa publicidade cun anuncio na web municipal, en base a unha taxa que se creaba
ao efecto en 2003 e cuxo coste fixado entón era de 60 euros anuais.
A información pódese contexar, consultando a páxina munipal en: Web concello de Meaño
No hay comentarios:
Publicar un comentario