*** Opinión
En VERDINEGRO:
Día Internacional de Muller
Sodes
o espello de equipo, loita, tesón e ledicia
no que mirarnos. Sodes bandeira de deporte femenino que fai vibrar a un
pabellón. Sodes un corazón en estado puro, fraguado para emocionar, non
de latón para alumear.
Grazas
por estar aí ao longo doutra tempada máis, por ofrecernos cada quince días en
Coirón ese momento analxésico que nos permite escapar das presas e dos medos de
cada día. Grazas por facernos vibrar coas victorias agónicas (como onte sábado
5 de marzo ante o Samertalomeu a falta
de 4 segundos), pero tamén por ensinarnos a encaixar as derrotas que no deporte,
como na vida, tamén chegan (e chegarán).
Asmubal tralo triunfo ante o Samertalomeu (5 de marzo de 2022)
Unid@s contra a violencia de xénero unha vez máis: outra causa pola que loitar
Detrás
dese plantel, o temple da man de Juan Costas e do seu equipo, de Silvia Lobato
e a súa xente para, de xeito tan gris como altruísta, achanzarlles o chan antes
e despois de cada partido. Nun concello como Meaño, iso non ten prezo. Desde
aquí, pese a quen pese, sentimos que nunca daremos coas palabras xustas para
recoñecerllo. (ao carón: Silvia Lobato)
Por
diante, nesta fase exprés e fratricida polo
título de campionas de Galicia, quedan dous partidos máis en Coirón, os dous
ante os grandes de cocos de Vigo, que son son Carballal e Lavadores. Sobre o
papel, favoritismo para Vigo, en Meaño
só podemos poñer ilusión. De ti depende.
Unid@s contra a violencia de xénero unha vez máis: outra causa pola que loitar
O
vindeiro martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller. E que mellor ocasión para,
deste este pequeno Ventanuco, traer a noso escaparate a este equipo de
mulleres, loitadoras o sorrintes, para conmemoralo, e que fan do pabellón un
punto de encontro san para ser (e facernos) mellores. O goberno local, ausente. E
é que, nestas citas, os políticos non atopan coas fotos nin cos focos que tanto procuran, senón que estos son merecidamente para elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario