sábado, 26 de febrero de 2022

 Sección Vintage

SELECCIÓN DE COPLAS DE ENTROIDO

(1991-93)

 

Como estamos en Entroido-2022 deixamos esta entrada vintage, en lembranza de entroidos cando a comparsa da asociación G.A.M., a inicios dos anos 90, cantaba sen tapuxos na boca. Estresacamaos coplas da politica municipal daqueles anos, e que manteñen aínda vixencia hoxe. Só que daquela tomábase con máis humor, porque hoxe, se se cantaran algunhas daquelas coplas en versión actual co alcalde, encresparía un ambiente xa de por si caldeado nesta lexislatura. Daquela ríase, hoxe caería de todo contra coplistas e cantores.
 
ENTROIDO 1991: Germán Rodiño era alcalde, e Jorge Domínguez anunciaba que ía presentarse ás eleccións de aquel ano. E na copla da comparsa do G.A.M. rezaba:

Preséntase un escribinte
que foi posto por Germán,
agora vai para alcalde
xa lle chaman “o Caimán” 
(en alusión a Jorge Domínguez)
 

A boina era a prenda da cabeza
que vestía esta comparsa

O concello viña de mercar un camión para a recollida de lixo, pero daquela non estaba claro onde vertelo, polo que aínda non se puxera en marcha o servizo e o camión ficaba parado. Polo que na copla apuntábase:

No axuntamento de Meaño
temos camión de basura.
Como non hai onde botala
cada una ajuanta da dúa.
 
E en relación ao primeiro alumeado navideño, colocado no ano 1990 nas parroquias, a copla mentaba:
Xa nas parroquias tivermos
en Navidade alumbrado,
que se deixen de parvadas:
¡Queremos de alcalde a Dorado! 
(en lembraza do entonces electricista)



"Historias" dos tres anos da comparsa do G.A.M.


ENTROIDO 1992. Daquela ía camiño do primeiro ano de mandato de Jorge Domínguez como independente, e a comparsa facía balance en Entroido. En relación ás eleccións celebradas en maio de 1991, e co algún feito acaecido na noite electoral, lembrábase:
Aquel día das eleccións
Meaño foi un formigueiro,
uns berraban por botar fogos
outros tiraron co carneiro. (en alusión as tristuras do PP de Germán e ledicias en IM e os fogos con que un quería celebrar a vitoria, idea que Jorge lle quitou da cabeza aquela noite na Feira)


E cando Jorge Domínguez non permitiu á asociación G.A.M., que organizaba a Carreira Popular de Meaño, empregar a Praza de Feira para, ofrecer alí un ágape para agasallar aos corredores, a organización, sen amilanarse, trasladou a entrega de premios e o ágape á entrada do colexio de As Covas-Meaño. Sobre aquel feito, a copla espetaba:
Non nos deixaron a praza
pó viño o día da Carreira,
só falta que agora en Meaño
non poida cajar quen queira
(unha praza agora copada pola botella metálica, un atranco que pon en risco este ano poder albergar a verbena das festas da Concepción)
 

E, daquela, xa se anticipaba na copla o futuro de Jorge Domínguez o seu ingreso no PP que acaecería logo a inicios do s. XXI. Non en van, en 1992 a copla anunciaba:
Parecen moi independentes
pero véselles a xogada
para as próximas vanche
polo partido de Fraga.
 


ENTROIDO 1993.
Terceiro e último ano da comparsa do G.A.M. que, na sección de política municipal, en alusión
 aos concelleiros do grupo de goberno, cantaban:
Ocúpanche postos de honra
en tódalas misións:
nas misas primeiro banco
e despois tra-lo pendón (ao igual que hoxe, máis aínda nesa obsesión por saír na foto... ata cos Reis Magos, 😂😂)


En referencia á polémica construción dunha ponte en Pereiras sobre a actual autovía que variaba moito a pendente da estrada Meaño-Dena, tal e como se aprecia hoxe, a copla dicía entonces:
En Pereiras na autovía
fixeron unha gran ponte
p'a cagar de alí en baixo
e non ir cagar ao monte.


Os veciños protesban
que era moi alta a cagada.
E o alcalde ría pa dentro:
“eu total boto a mexada”.
 
E en alusión ao reparto das primeiras subvencións municipais entre as asociación, rezaba a copla:
En Meaño hai moitos rollos
con isto das asociacións,
a unhas ben que as axudan,
a outras nin patacón. (plena vixencia hoxe co reparto de subvencións municipais do ano 2022... ou non?).
 
Se hoxe se cantara isto… Buuufffff! A que caería! Eih! Se a comparativa non lle semella ben a alguén, que desculpe o lector e sorría... Que estamos en Entroido. Cabe saber rirnos ata de nós mesmos, tal e como está a cousa. En Meaño, máis que nunca, cremos que temos que aprender a facelo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario