CARREIRA POPULAR DE MEAÑO: DOUS ADEUSES
En
sinal de loito, mantemos pechada unha folla deste Ventanuco en sinal de loito, na memoria de Mario Capa Riveiro. El era un dos atletas habituais na
Carreira Popular de Meaño -e de tantas outras- mentras o corpo lle aguantou, ata que finou antonte
venres 26 de agosto, no seu Marín de adopción. Descubrir a
Carreira Popular de Meaño supuxera para el un reencontro emocional con seu Meaño
natal. Porque Mario Capa nacera no lugar dos Agros no seo dunha familia tan
humilde que, naqueles “tempos da fame” -que foran os anos 40 do pasado século- tiña moitas dificultades para botar alimento á barriga. O seu reencontro
emocional tamén coa lembranza Sara García Souto (1909-1988), finada xa, a quen lembraba pola
súa xenerosidade silandeira: “cada vez que pasaba por diante da casa -rememoraba Mario- siña Sara,
levábame dentro para darme algo de comer”. Nos anos 90, co seu voltar a Meaño pola Carreira Popular, foi quen de pousar un ramo de frores na lápida da
Sara en lembranza dela. (Arriba na foto, Mario Capa, dorsal 8105 na liña e saída na Popular de Meaño, inicios. s. XXI)
Un
Mario Capa, que con seu coche matrícula de Gran Canaria, botaba unha man
levando carteis da Carreira e, co súa brocha e bote de cola, íaos pegando
camiño de Marín e contorna, ou mesmo o sábado, día anterior á Carreira, viña a
Meaño a parolar e axudarno a poñer vallas coa organización.
Unha
Carreira Popular, que tras o parón pola COVID, regresa este ano (ver datos no cartel da foto). Será o
vindeiro 11 de setembro co súa 36º eidición e coincidindo coa festa dos
Miragres. A novidade vai ser que a
organización será asumida exclusivamente polo concello,
declinando a asociación GAM estar presente. Sobre os motivos, uns profundos, outros
recentes, toca pasar páxina neste intre. Sempre cabe dar co intre axeitado para
un adeus tan comedido como elegante.
A
Popular de Meaño nacera en 1985 e
mantívose de man da asociación GAM durante 25 anos. Logo, entre 2010 e 2019, a
xente deste colectivo mantívose ligada á Carreira colaborando na organización co
concello. Durante a pandemia, ao non poder facerse, o GAM aviuse a manter viva a
chama da Carreira con seu “Correr por Meaño” -iniciativa que ata fora criticada
polo goberno local que atribuía ao feito un risco sanitario pola COVID. Pero pese a todo, contra vento e marea, e de xeito altruista,
mantívose “Correr por Meaño”.
Organización da Carreira, ano 2009, cando o 25 anos da proba (arriba con chaqueta marrón o atleta e padriño desa edición Pedro Nimo, que daría o pistoletazo de saída. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario