sábado, 24 de diciembre de 2022

 

Nestas datas tan de tod@s, desde este particular Ventanuco ao que asomamos ti e máis eu, os nosos mellores desexos de que vida sexa grata contigo, que os tragos amargos resulten tan liviáns como pasaxeiros. E se, por calquera circunstancia, estas datas te collen baixo, trataremos seguir para insuflarche forzas, e servirche desde aquí un intre para evadirte, co pretexto de pasear mentalmente polo Meaño que amamos.


Un Nadal no que, desde esta páxina, lembramos contigo aos que non están físicamente entre nós, aos que se foron neste ano, e aos que perdemos fai tanto, pero que seguen vivos na nosa mente. A ti, amigo lector, esteas onde esteas, aquí ou allende do mar, que nos alentas a seguir, como desde 2013 en que alumamos cun candil este pequeno Ventanuco, sumando contigo máis de 264.300 visitas, 424 entradas neste blogue, sen máis pretensión que chegar a ti. Lector, gracias por estar, por lernos e os nosos mellores desexos de que poidas ser humildemente feliz no corazón. E tamén para aqueles que nos denostan, que nos converten en chivos expiatorios, a causa de mantenos como almas libres, de querer fuxir da hipocresía cada fin de semana, mesmo tamén nestas datas: sorrí co corazón, que mañán é Nadal. O luns poderás recaer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario