domingo, 12 de febrero de 2023

***Opinión

MONTESQUIEU


As posicións políticas cada vez máis simplistas e polarizadas, fan que se mude a argumentación pola descalificación, que se reduza o pensamento ao “todo que o que non está conmigo está contra min”, e que as políticas populistas asomen por doquier.
Aristóteles xa o advertía: a demagoxia é o modelo de goberno que asoma cando a democracia se corrompe. Cara ese risco camiñamos. O momento actual alértanos de que priman reformas para correxir os vicios que corrompen os modelos democráticos.


No modelo español, case toca reler a Montesquieu, que fóra quen concebiu a idea da separación de poderes. Tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial, e os tres -esta é a clave-, en mans independentes. Montesquieu advertíao xa: “cando os poderes lexislativo e executivo atópanse reunidos nunha mesma persoa ou corporación, entonces non hai libertade, porque é de temer que o monarca ou o senado fagan leis tiránicas para ser executadas do mesmo xeito”.
En España, de partida, tocánse o lexislativo e o executivo, por canto presidente e, actualmente, 16 do 22 ministros, son deputados e forman parte activa para decidir no lexislativo. Pode un xuíz en activo ser deputado a vez?. Entonces: por que si pode selo un ministro ou presidente? O principio de Montesquieu féndese de base.


Tocaría quizais empezar a sopesar unhas eleccións presidenciais, onde o candidato á presidencia do Estado (ou da comunidade autónoma) tivera que concurrir aos comicios acompañados polo seu elenco de ministros. A ver quen era o presidenciable que se presentaba con un filósofo como ministro de Sanidade (leáse Salvador Illa), ou, como ministra de Educación, con unha Pilar Alegría, diplomada en Maxisterio que nunca exerceu a docencia. Por poñer dous exemplos recentes. Sonroxaríanse. Quen así o fixera, colleitaría froito da proposta. Cando menos, a cidadanía tería dereito a non ser timada, como agora o está sendo. E a partir de aí, e durante catro anos, tocaríalle ao lexislativo, amén de concebir e aprobar leis e como representantes permañentes da cidadanía que son, controlar a ese executivo en pro dun equilibrio xusto e san. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario