domingo, 10 de diciembre de 2023

 Meañeses polo mundo (XIII): SENEGAL

 Myriam Portela Varela (Part. 1)
Voluntario - óptico optometrista

A meañesa Myriam Portela Varela (Lores) leva a bandeira do Meaño solidario a África. Fíxoo por primeira vez en Uganda e, desde entonces baixa todos os anos para sumar. Nos últimos, faino en Sengal de mans agora da ONG “Dentistas Sobre Ruedas” (DRS).  A súa, tornouse nunha  necesidade vital, a dunha óptico optometrista de profesión que, a cada puoco que pode, cambia España pola emoción de o espíritu solidario de África. A través deste Ventanuco coñece hoxe unha vivencia para emocionar. Na vindeira entrega contarémoche máis do proxecto desta “meañesa polo mundo”. Cautivarate!


“SINTO MORRIÑA DE ÁFRICA”


Como chega a esta experiencia vital en Senegal?
En orixe, foi a través de “Ruta de la Luz”, unha fundación humanitaria que traballa no ámbito da saúde visual con persoas en risco de exclusión social. Esa fundación ten unha liña de colaboración coa ONG ‘Dentistas Sobre Rodas’ en Senegal, a cal decidiu engadir o e eido da oftalmoloxía para atender á poboación senegalesa. Foi así que baixei a Senegal  fai uns anos. Desde entonces está sendo una constante vital para mín.
É o segundo proxecto seu en África, porque en 2015 chegou por primera vez coa ONG “Musceee Iganga” e “Destino Uganda”, que a levou, xunto con tamén meañés Basilio Camiña, ao corazón de África.
Si, e a partir de aí un voltar e voltar… África cambioume a vida.


Myriam Portela cun dos seus pacientes en Senegal

Como galega que é: sente máis morriña canto se vai de Galicia ou de África?
Sinto máis morriña cando me vou de África… Este continente devólveme á esencia da terra, aos principios de compartir, da solidariedade, escapando do individualismo europeo… É máxico,
En que consiste o proxecto Missirah-Senegal que desenvolve con Dentistas Sobre Rodas?
Trátase dunha clínica humanitaria para atende a xente con problemas bocodentais e oftalmolóxicos. Empezou a construirse sobre un terreno doado polas autoridades locais sobre un antigo verquedeiro. Nunha primeira fase contruíuse unha  edificiación a xeito de L que abreu en 2018. Era unha clínica bucodental onde empezaron a atenderse a xente que refería dor bucal e con pouca opción de rescatar as suas pezas. Agora este xoves (polo este pasado 7 de nadal) vense de inaugurar una segunda construcción a xeito de L inversa, centrada esta en atención oftalmolóxica, e convertir así a clínica nun referente bucodentral e oftamolóxico tanto en Senegal como para nos países veciños.


Grupo actual da última quenda na clínica de DSR en Senegal

Como foi a inauguración?
Un pouco como á europea: autoridades políticas rexionales y ata nacionais, en representación do presidente senegalés Macky Sall, representantes de Universidade de Dakar, do Ministerio de Saúde, do Coordinador Nacional do  Programa de Saúde Ocular, representan relixiosos…
Que relixión impera en Senegal?
Son musulmáns.
E con que personal contan aí en Missirah-Senegal?
Neste intre somo 45 personas. Nesta queda somos xente chegada desde Cantabria, Asturias, Baleares, Andalucía, País Vasco, da República Dominicana, do propio Senegal, e tamén Xulio Pouso e Hilda, que son dous dentistas cambadeses, máis una terceira voluntaria de Meis. Todo tiña que estar todo a punto para a inauguración, por iso eramos máis nesta quenda. Logo, no  resto do ano está baixando xente para contar cunha vintena de persoas que fai posible manter a clínica operativa durante todo o ano.
Como son as instalacións?
A clínica conta cunha sá para de óptica-optometría, outra con tecnoloxía de odontoloxía e implantoloxía digital, sá de educadores, e ata un pequeno quirófano para atender as doenzas máis habituais. Máis alá de paliar as doenzas, a ONG centra tamén a súa actividade na educación, sensibilización, coidado e prevención bucodental y oftalmolóxica.


Exteriores das instalacións da clínica de DSR de Missirah-Senegal 

Que personal precisan aí?
Precisamos de todos. Están baixando odontólogos, implantólogos, ópticos, optometristas, hixienistas, médicos e demais personal sanitario, que altruistamente prestan servizos, experiencia e tempo. Ah! E tamén traductores, o que supón implicar no labor á poboación negra indíxena. Engadido, está o personal que de loxística, precísase en todo.
E na loxística viaxou esta vez contigo a súa nai Mari Varela para sumarse á causa.
Si están traballando en labores de limpeza, preparación de almorzos… Todo iso gris que fai que o proxecto funcione.


Myriam e a súa nai Mari, nun intre de descanso na exteior da clínica


Como está vivindo a túa nai a experiencia?

Reconfórtalle estar sendo tan útil para a xente que de verdade o necesita.
Canta xente están atendedes na clínica Missirah-Senegal?
Pola esta clínica están pasando miles de persoas por ano, no só de todo Sengega senón tamén do país veciño, que é Gambia, e que cruzan a fronteira para ser atendida e poder voltar a masticar os alimentos, poder voltar a ver…
Ser atendido ten algún coste para eles?
Abonan una tasa moi módica, pero se non teñen iso, atendémolos igual de xeito gratuito.
Falando de costes. O voluntariado percibe algo de diñeiro polo seu labor en África?
Non, o voluntariado non só non percibimos diñeiro, senón que ata poñemos cartos no noso peto, moitas veces para costearrnos ata a viaxe. Trátase de sumar de xeito solidario.
Cales son as doenzas más habituais en Senegal no seu eido que é a saúde ocular?
O necesidade vital é dispoñer de gafas para voltar a ver. Tamén son moi habituais as cataratas, porque aquí o sól está moi baixo, os que adoitan empregar gafas de sol empréganas sen o filtro axeitado, e danan a vista. Eu dígolles: “traéme a túas gafas, que chas cambio por outras con filtro”. Son xente moi cumpridora: tráenas ao intre a logo cumpren coas revisións oftalmolóxicas o bucodentales cada vez que os citas.


Pechando o círculo solidario: Myriam pintando o portal de entrada 



No hay comentarios:

Publicar un comentario