NINGUEN CONTARÁ A VERDADE (I)
o conventículo
Ano
2018. Tras a decapitación política de Lourdes Ucha a mans dos poderes fácticos
do PP local, tocaba buscar candidato para as municipais de 2019. Cinco anos
despois, contamos aquí a verdade.
Outono.
Nun punto -digamos- indeterminado entre Padrenda e Barrantes, celébrase o primeiro
encontro entre os representantes locais do PP e MI. Presidindo o conventículo,
o propio Cores Tourís para, chegado o caso, bendecir o acordo. Sobre a mesa, a
proposta popular: un edil en activo por Dena (daquela e hoxe) sería o alcaldable,
o cal faría as veces dun alcalde ponte para dar logo o relevo a medio mandato a
José Manuel Aspérez. A discusión centrouse en como completar os primeiros sete
primeiros postos da lista, onde, cada facción (PP y MI), ansiaban posuir, catro
dos sete concelleiros que, cando menos garantiran a futura transición. Coa aquela
oferta sobre a mesa, non cedeu ningunha das partes.
Segundo
conventículo, esta vez nun “lugar indeterminado” na costa de Dena, coas mesmas
partes. Enrocadas as posturas, non aflorou acordo algún. Iso si, nese “intermezzo” de tempo algúns poderes
fácticos do PP local trasladaron ao propio Aspérez Montes a peaxe a pagar: un
convenio urbanístico cun particular nun dos núcleos urbanos; a adquisición por
parte do concello dun monte nunha “lugar indeterminado” entre as localidades de
Meaño e Simes. Irreverencias ruborizantes, as dúas, que o independente rexeitou ás primeiras de cambio
Reis
de 2019, último contacto, esta xa “non presencial”. Para entonces non
pasaba de ser un mero formalismo, porque outra porta estaba aberta de par en
par, e o peixe todo vendido. Tras solventar con premura a súa situación laboral
na Mancomunidade -que era o primeiro requisito para aceptar-, Carlos Viéitez foi
a persoa designada polos clans familiares para concurrir como alcaldable. A enquisa
botada a rodar para avalar o seu desembarco era un fútil pano de fume. A decisión
xa estaba pechada e bautizada por Tourís… e Durán. Así foi, e así o contamos.
(Nota: Omitimos nomes e lugares precisos do acaecido)
No hay comentarios:
Publicar un comentario