***Opinión
Ninguén contará a verdade...
Despois
de “A memoria da choiva” e “Lume azul”, “Ninguén contará a verdade” é a
terceira novela que lemos do vigués Pedro Feijoo, un dos escritores máis
seguidos hoxe en lingua galega. En clave de novela, “Ninguén contará a verdade”
relata unha trama de corrupción en torno á Xunta de Galicia, ficción con chiscadelas
á realidade aos gobernos que nos rodean (o último da ristra, o affaire
Koldo & Ábalos).
Entre
as paraxes onde se desenvolve a acción, Sanxenxo e o seu porto deportivo, é un desos
ambientes no que transcurren varios episodios, e mesmo o desenlace da novela. Recomendable
ler, como tamén antes “A memoria da choiva”, novela negra centrada en Santiago
de Compostela, cun final aberto e inquietante que nos atrapou para seguir a Pedro
Feijoo, final que tamén o autor deixa no aire en “Ninguén contará a verdade”.
A
novela relata unha trama política e violenta baixo o denominador de negocios turbios onde
“a cor do diñeiro” move todo. E aí tamén os medios de comunicación, que teñen
que flirtear entre á ética e o servizo aos poderes que manexan os fíos do tinglado,
ben sexan no goberno de España, da Xunta ou dos concellos. Neste Meaño tabú “Ninguén
contará a verdade”, pero nós recharemos con ese final, que tamén Pedro Feijo serve aberto. Sen ambigüedades, con
libertade, respecto e conciencia como unha patena, compartiremos aquí dous episodios
que ninguén contou. Iso nas vindeiras semanas. De momento, quedamos coa novela.
Recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario