domingo, 14 de abril de 2024

hemeroteca

Recuperamos nesta entrada unha entrevistiña publicada o 1 de febreiro de 1997 con Xosé Soneira Lema, párroco de Dena nos anos 80 e 90 -e á par de Meaño por un tempo-. El foi, sen dúbida, o párroco máis culto de todos cantos temos tratado, ávido lector, seguidor diario da actualidade informativa, amante da arte e accesible a participar nos coloquios aos que era convidado para dar testimuña pausada da ética cristiá ante calquera tema que se lle solicitaba. A el corresponde o mérito de introducir o galego nas misas das súas parroquias, e de impulsar importantes melloras nos edificios das igrexas de Dena e Meaño, así como da iniciativa para evitar ver caír a rectoral de Meaño. E tamén o mérito de mezclarse co veciños, ata para botar a partida da ne Berta. E a media tarde, tiña a hora medida para un café só, temperado e un pitillo regrado, do que disfrutaba de pe na cociña da rectoral, dándose un breve alto no seu traballo, para voltan a sá a seguir corrixindo e preparando clases e homilías.

 
Naceu fai 62 anos na parroquia bergantiña de Tello, peros de Ponteceso. Xosé Soneira Lema chegou á Dena fai 26 anos para exercer como cura párroco. En 1990 tamén se fixo cargo de Meaño tras a morte do seu predecesor -Desiderio Dovalo- nesta parroquia. Fai poucas semanas era nomeado vicario de Pontevedra. Este fin de semana despídese da súas parroquias, nunha homenaxe que lle renden os que foran seu veciños durante este tempo.
 
“QUIXEN QUE A MIÑA VIDA FORA COHERENTE CO QUE DICÍA


Que é o mellor e o peor que se leva de Dena de Meaño despois de tantos anos?
O mellor é o coñecemento da realidade destas persoas e das súas actitudes. Tamén o coñecemento desta cultura, deste xeito de ser. O peor, tal vez, ás veces, a incomprensión diso que un di, e que, en ocasións, nunha terra tan fermosa coma esta, as xentes non semellan responden a esa beleza, no senso en que deberían cultivarse más humán e intelectualmente.
Facendo "exame de conciencia" do tempo pasado aquí: de que se arrepinte vostede?
De ter levantado, en ocasións, a voz á xente, e que, se non o tivera feito, sería mellor. Non me arrepinto do que dixen nunca, pero si do ton no que o dixen. Teño que pedir perdón á xente por iso. (Foto de 1997, tomada na entrada da rectoral de Dena)
Vostede foi un home preocupando polo patrimonio artístico das igrexas. Agora que se vai: qué cousas quedan por facer neste eido?
En Dena, restaurar algúns cruceiros destruidos ou semiderruidos, aos que había que colocarlles as cruces de pedra ou outras pezas que lles faltan. En Meaño urxe rematar as reformas para a recuperación da casa rectoral, salvar o piorno anexo que data do século XVIII e que é unha mágoa o estado no que está, e logo facer reformas no interior da igrexa románica co gallo de embelecela, por exemplo, no chan, no coro o una tribuna.


Cal vai ser  a súa primeira preocupación como novo vicario?
A función do vicario está moito en relación cos dictames de arcebispo, e a día de hoxe non hai ningunha encomendación especial.
Dóelle deixar isto despois de vintaseis anos?
Si, dóeme moito. Din que o cura está casado coa su parroquia. Certo. Para min a miña señora é a parroquia, é un desprendemento que sempre doe.
Como lle gustaría que o lembraran as xentes de Dena e Meaño?
Coma unha persoa que levou a cabo un labor evanxélico, que fixo as cousas con claridade, que tratou de dialogar cos veciños e que se sentiu amigo de todos, aínda que, ao mellor, non todos o recoñeceran como amigo. Quixen que a miña vida fora coherente co que dicía, e que por iso me lembren.





No hay comentarios:

Publicar un comentario