domingo, 7 de abril de 2024

NINGUEN CONTARÁ A VERDADE (II)...

a O. P. A. 

Pero nós, si. Outubro de 2019. Tras o seu periplo sanxenxino, Suso Sueiro entra do PP e asume a encomenda da provincial de presidir de Xestora en Meaño e reflotar o partido. Unha encomenda cun retrogusto ponzoñento que se vía vir.
Ao cabo, de xeito implícito, o encargo convertiuse naquel “laissez faire, laissez passer” (deixen facer, deixen pasar), lema francés da economía de libre mercado, que ben identifica ao PP. É dicir: “afórrate, non te movas, deixa pasar, nin unha boa palabra, nin un mala acción”.
Todos quietos. Pasado o tempo, á hora de procurar o candidato á alcaldía nas municipais de 2023, o PP confiaba desde arriba en reconducir a situación co retorno anticipado de Carlos Viéitez, ou que, do contrario, aparecería o alcaldable per se, sen buscar. Era unha postura de inmolación. Agotado o prazo ao límite, a Sueiro non se quedou outra que ser el o quen encabezara a lista e, sobre a campana, evitarlle ao PP que Meaño fora o único concello de Galicia onde o partido non presentara lista.


O retorno de Viéitez agora, non foi como foi. A entente que o presidente provincial Luis López vendeu, non foi tal. Coceuse exclusivamente entre infanzóns do PP meañés e a cúpula do PP provincial, coa anuencia de dous baróns comarcais de por medio.


En Meaño, Sanxenxo e Portonovo... ACTIVAte con Crespo

Por abaixo só houbo dous encontros, e os dous informais. Así foron, e así o contamos. O primeiro, nun establecemento hosteleiro de Vilagarcía, onde dous duques (ou tres, ese dato se nos escapa) de Veciños de Meaño, sentencian o asunto coa frase de “o PP somos nós”, é dicir, non se aceptará ningunha persona da xestora -nen a Sueiro, por suposto- no PP  de Veciños. É dicir, non se ía realizar fusión algunha entre grupos, senón que aquelo era técnicamente unha O.P.A. (que se diría en bolsa a unha Oferta Pública de Adquisición) en toda regra.

O segundo, xa co bacallau vendido, en FITUR Madrid a finales de xaneiro de deste ano. Alí, nun aparte, presenza do presidente Alfonso Rueda, do PP provincial Luis López, e un dos baróns comarcais: a Trinidade para bendecir o retorno de Viéitez coa fórmula de “agora, falalo e arreglarse”, en relación a Meaño… Pero desde entonces, nen falado nen arreglado. Aí acabouse, coa teoría dos “feitos consumados”.
No regreso ao PP, cunha posición de forza na alcaldía con maioría: que pedíu a cambio Carlos Viéitez cando o seu encontro na provincial? Unha obra, un convenio, un proxecto… Nada, ante a perplexidade dos da Táboa Redonda do PP, Viéitez non pediu nada. Negociar nunca foi o seu forte.
Falta agora por ver o que aguanta o estoicimo  de Sueiro na corporación, vítima colateral da operación “kleenex”. E, de cesar, saber quen da lista do PP de 2023 collería a vacante?. Sobre o papel, e polo escaldado da operación, ninguén… Agás un, e este de metade da lista. E Dena é a parroquia.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario