sábado, 31 de enero de 2026

 

VALORES MEAÑESES NO DEPORTE E NA MÚSICA

A balonmanista meañesa Raquel Muñiz Díaz foi convocada coa selección española xuvenil, e participa así nestos días nas xornadas de preparación e tecnificación con vistas ao Campeonato do Mundo de Balonmán Xuvenil que se disputará este verán en Rumanía. Viaxaba este pasado venres para esta concentración que se desenvolve en Serra Nevada (Granada) de forma continuada ata o 6 de febreiro. Desde este Ventanuco de libertade meañesa, os nosos parabéns para esta meañesa e toda a forza verdinegra para empurrala cara arriba.


A meañesa, Raquel Muñiz, coa camiseta do Asmubal Inelsa Solar

Foron 28 as xogadoras nacionais convocadas para esta cita, e nela, por primeira vez, unha xogadora meañesa do Asmubal, que sigñifica todo un fito para o balonmán meañés e arousano. Natural de Xil, Raquel Muñiz, ao seus 16 anos e 1,75 centímetros de altura, desenvólvese como primera liña, alternado de lateral e central. Esta meañesa fora convocada en catro ocasións coa selección galega, e esta é a primeira vez que o fai con España. “Faime moitísima ilusión -recoñecía- acudir a esta convocatoria, e fágoo disposta a vivila como unha experiencia e moitas gañas de aprender e seguir medrando no balonmán”.
Unha Raquel Muñiz que, ás primeiras de cambio e pese a súa xuventude, deu xa o salto para militar esta tempada co equipo sénior do Asmubal Inelsa Solar na División de Honra Prata Nacional. Unha liga na que ven medrando, collendo protagonismo e onde leva materializados xa 15 goles nesta liga. As baixas de longa duración -Carol Fajardo e Eli Méndez- levou a Juan Costas a dar alternativa ás xuvenís. “Juan -reconocía Raquel Muñiz- falou con nós a inicio de temporada (en relación ás tamén xuvenís, Alba Domínguez, Claudia Vera, Ana Prol e María Beis), deunos moita confianza e iso estanos a facer medrar”
Nesta concentración en Serra Nevada, en viaxe en tren e estadía, Raquel Muñiz está acompañada por outras tres galegas convocadas, que era Raquel Blanco (B. Porriño) y Alba Faílde (B. Lalín) e Iris Santana (B. Lavadores), e ás que une xa unha amizade da selección galega.

 

O poder da música

Con motivo do Día Internacional da Paz, que foi este venres 30 de xaneiro, compartimos aquí o vídeo íntegro do concerto da Orquestra Sinfónica e Xoven Sinfónica de Galicia, e máis 540 coristas. Un concerto que alumnos e mestres de conservatorio, máis coristas, ofrecían o pasado 11 de xaneiro no Coliseum de A Coruña, diante de 6.200 persoas. Foi hora e media de música continua, sen pausa, con bandas sonoras e cancións de míticas películas infantís. Cantas coñeces? Un concerto solidario coa pobreza de África que, recomendamos, coloques en pantalla de televisión… Emocionaraste!. Ah! Desde o escenario, presencia de dous músicos meañeses, Miguel trompeta, e Mario fagot da Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia.


Vista do previa do concerto desde o escenario do Coliseum

Os dous meañeses,Miguel e Mario



 

domingo, 25 de enero de 2026

 Opinión***

O CUARTO PODER            

A información é o cuarto poder. Elixir medio para seguir a actualidade (por parte do lector, oínte ou telespectador ávido de información veraz), mellor que sexa unha decisión mudable. Do contrario, se te estancas, o medio devórate.
Cabe lembrar os grandes escándalos destapados polos medios máis ousados do momento, e que, por contra, outros quixeron tapar o poder executivo de quenda. Cando o affaire dos GAL a fins do 80 (e co PSOE no poder), o consumidor que quería estar na cresta da onda desa información tiña que ler “Diario 16”, cando outros medios, primeiro aliñeáronse coa versión do goberno e logo, conforme medraba e escándalo, pasaban de puntiñas sobre o asunto. Cando Filesa nos anos 90, o consumidor que pretendía información de vangarda, tiña que ler El Mundo. E cando os atentados do 11-M en 2004, naquela noite de reflexión, quen procuraba información real sobre a autoría do atentado, tiña que escoitar a cadea Ser, mentras outros desviaban o tiro en víspera da xornada electoral, manténdose fieis ao PP de Aznar (aínda que logo a noite comeunos). Ou cando a marea negra do Prestige, cabía fuxir da TVE sempre servil ao executivo (o PP daquela, ou o PSOE de agora). E cando o de Bárcenas e a contabilidade B do Partido Popular, tocaba ler El Mundo ou El País, que foron os máis avezados en destapalo.

No intre de hoxe, que medios ousados saltaron denunciando o affaire Ábalos-Koldo-Cerdán & cía? Pero agora El Mundo xa non é El Mundo, El País non é El País, a cadea Ser non é aquela cadea Ser… Cabe emigrar, buscar outros medios: El Español? El Confidencial? OK Diario? Onda Cero? Antena 3? Cuatro?... A saber!
É aquí, cando toca elixir (quedar ou mudar?), se ti queres consumir información libre e veraz, ou tragar co panexírico edulcorado de comunicados de partido. O mérito do consumidor estará en discernir cal é cal. Certo que para as personas á fronte de información, ben o saben, ser libre e independente é moi duro, e ten un custo a pagar. Pero a honradez non se vende nunca. Neste Meaño, e desde este portal, tampouco.


sábado, 17 de enero de 2026

MÁS DEL 50% DE MAYORES SOLICITANTES, SE QUEDAN SIN ACCESO A ACTIVIDADES DEL CONCELLO 

El BNG meañés denunció el hecho de que muchas personas de la tercera edad, que habían solicitado participar en las actividades concebidas como cada año para este colectivo, se hayan quedado fuera. Y es que, en alguna, más 50 por ciento de los solicitantes no ha podido acceder, al cubrirse los cupos que el gobierno local había previsto en cartera, cupos que, por otra parte, no se habían hecho públicos cuando la divulgación.
La formación nacionalista se había interesado por este particular y por los criterios de admisión. Las cifras que, tras insistir en repetidas ocasiones, le fueron facilitadas refieren que más el 50 por ciento de los solicitantes se han quedado fuera de la actividad de gimnasia terapéutica. Se trata de una actividad con mucha demanda, y que se ofrece de lunes a viernes, en cuatro turnos de 9:30 a 13:30 horas. Responde a una actividad individualizada o en grupos reducidos, de manos de un fisioterapeuta, y que se realiza en el Centro Rural Polivalente de As Covas. En concreto, habían solicitado inscripción en ellas un total de 85 personas mayores de 60 años, de los cuales se admitió el máximo de 40 quedando, fuera los 45 restantes.


Centro Rural Polivalente para la tercera edad en Meaño

Por su parte, en el taller de memoria se presentaran 41 solicitudes, admitiéndose el máximo fijado en 33, y quedado sin acceso 9 personas. Esta se imparte miércoles y viernes por la mañana en el Centro Rural Polivalente de Meaño, en función a tres turnos y a razón de una hora por grupo, en horario de entre 10:00 y 13:00 horas

En cuanto a gimnasia de mantenimiento, 42 eran las solicitudes presentadas. De ellas, fueron admitidas 29 quedando fuera de la actividad 13 solicitantes. Esta actividad se trabaja en el Centro Social Polivalente de Meaño, los miércoles y viernes con dos turnos de 11 a 12 horas.
Y, en la de yoga-pilates, actividad abierta a todas las edades, se recibieron 30 solicitudes, admitiéndose 28 y quedando sin plaza 2 personas. Se imparte los martes en Simes, los miércoles en Xil, los jueves en Lores y los viernes en Dena, con todas las sesiones en horario de 21 a 22 horas.
A la pregunta de la nacionalista Rosana Domínguez en un pasado pleno, en que se interesaba por los criterios a la hora de hacer la criba en las admisiones, las ediles responsables del área explicaran que eran “por orden de presentación”, no contemplando otros baremos. Ante ello, Rosana Domínguez lamentó que “únicamente se contemple ese criterio, máxime tratándose de personas mayores que no todas se manejan e internet o tienen acceso, y deben hacerlo presencialmente… y para cuando llegan al concello ya se encuentran con el cupo completo”.


La edil nacionalista meañesa Rosana Domínguez durante un pleno

“Además de injusto -le reprochara la nacionalista al regidor-, es lamentable que unas actividades necesarias para la salud mental y la psicomotricidad en nuestros mayores, no lleguen a todas aquellos que las necesitan, y en unas actividades sociales y de salud, como son estas, no debe escatimarse el dinero”. No obstante, el regidor se mostrara ya reacio en su día a incorporar más personal, por cuanto a mitad de curso y mediada la primavera “puede quedar la mitad de los inscritos del inicio de la actividad”.
Participar en estas actividades municipales supone una tasa de 25 euros al mes, si bien se contemplan los descuentos adiciones que figuran en la normativa municipal: un 30 por ciento por participación de tres o más miembros de la misma unidad familiar en el programa ofertado, un 20 por ciento si participan en dos o más actividades, un 25 por ciento en caso de familia numerosa debidamente acreditado, un 10 acumulativo por cada actividad a mayores de la primera, y otro 10 por ciento si el usuario acredita minusvalía. En cualquier caso, el usuario no podrá acumular una deducción superior al 50 por ciento.
 

sábado, 10 de enero de 2026

Opinión*** 

PSICÓPATAS NO PODER 

A recente intervención militar de Estados Unidos en Venezuela para secuestrar a Maduro, metelo nun cárcere newyorkino e sometelo dentro dun tempo a xuizo segundo as leis norteamericanas, ademáis de violar a lexislación internacional, é un volta de porca a doutrina Monroe, cuxo lema rezaba: “América, para los americanos” (isto é, dentro da corriente neo-imperialista, “América, para Estados Unidos”). Unha doutrina Monroe que, desde cando se formulou alá no s. XIX, sempre estivo presente, unhas veces de xeito soterrrado, outras aflorando con voltas de porca para mudar goberno, aínda que fora para impoñer ditaduras que favoreceran os intereses económicos dos Estados Unidos (Batista en Cuba, Pinochet en Chile…).
Criticar a operación dos Estados Unidos non impide facelo co réxime “madurista” (ou chavista). Trump e Maduro non son unha cara da mesma moeda, son dúas moedas, e as dúas reprobables. Nicolás Maduro viña perpetuando un réxime que, partindo da democracia, dexenerara nunha tiranía apoiada nunha oligarquía con ese clientelismo piramidal que estrutura todo réxime ditatorial. As eleccións venezolanas -ou mesmo as rusas-, carecen de toda verosimilitude. Os feitos  (non os argumentos) evidencian as tiranías que ocultan.
 
Erran desde España -e Galicia- esos partidos que saen ás primeiras de cambio a criticar a “invasión” dos Estados Unidos -operación que é absolutamente condenable-, pero que en doce anos de tiranía “madurista” esos partidos non elevaron a voz unha soa vez para denunciar a violación sistemática dos dereitos humanos en Venezuela, mesmo chegando a ter a Nicolás Maduro como referente en Latinoamérica. Ver para crer!.
As ditaduras, compañeiro, son absolutamente condenables, sexa da cor que sexan. Existiron -e existen- ditaduras de dereita (Hitler, Franco…), pero tamén de esquerda (Stalin, o actual modelo chino que persiste…). A tiranía non é un fenómeno de partidos, senón de persoas. Na maioría son consecuencia da chegada ao poder de verdadeiros psicópatas: Nerón, Hitler, Stalin, Franco, Trump…E lista sería enorme, todos cumpren con ese perfil de psicópata. E en algúns gobernos están non poder. Ten vostede un psicópata preto? A saber!
 


Nota: A psicopatía é un trastorno de personalidade que se caracteriza polo narcisisimo, egocentrismo, e os que a padecen son mentirosos patolóxicos, teñen gran capacidade manipuladora, e mermo son encantadoras para conseguir os seus fins, sen importarlle as normas sociais nen o dano que iso pode causar outras persoas. 

sábado, 3 de enero de 2026

AFOUTEZA DE ANTÓN 

Coa ilusión preta dos Magos, abrimos para ti este particular Ventanuco en 2026 cunha historia meañesa desas que adozan o corazón. É a protagonizada por
Antón Domínguez, un neno de tan só 5 aniños, e polos seus pais Antonio e Suellen. Unha historia que se visibilizaba pasado domingo na gala Inocente, Inocente-2025” de TVE, programa sen carácter comercial algún, movido unicamente por recadar fondos en pro da investigación contra o cancro infantil.
A do pai, Antonio Domínguez Fernández, é unha cara recoñecida da hostalería meañesa. Xunto co seu irmán, rexenta “O Muiño da Chanca”, restaurante herdado á súa vez dos pais, encarnando así a segunda xeración, e que é hoxe un referente na restauración meañesa.


Antonio e Suellen, xunto con pequeno Antón, rumbo ao CHUS de Santiago de Compostela.

O pequeno Antón, explican os pais, empezou a padecer cadros febrís altos que o levou a acudir ata en nove ocasións ao Hospital do Salnés. Ao cabo, o 20 de xaneiro de 2025 foille dianosticada unha leucemia cando e neno tiña só catro anos. A partir de aí empezou o calvario emocional da familia ao completo. O neno foi trasladado para ser ingresado no Complexo Hospitario Universitario de Santiago de Compostela, referente galego para o tratamento do cancro infantil. Á postre, tras marrar nos tratamentos, o pequeno Antón foi sometido a un trasplante de médula o 30 de xullo, xusto un día antes de seu quinto aniversario que, por iso, pasou hospital.
Ata o 17 de enero la gala “Inocente, Inocente-2025” puede seguirse en “TVE á carta”, e visionar a reportaxe de esta familia meañesa. A súa duración é de 5 minutos o pódese visionar directamente a partires das 3 horas e 30 minutos, dunha gala que durou de 4 horas e media, e na que se recadaron 2.013.237 euros para a causa en pro da investigación contra o cancro infantil. Nos servímosche aquí, de xeito expreso, a continuación esos cinco minutos de vídeo. Para velo pincha abaixo:


 
No medio, a posta en valor do papel da Fundación Andrea que ofrece 20 prazas de estancia en Santiago a familias desprazadas desde toda Galicia, co obxecto de poder seguir os tratamentos dos seus cativos ao pe de hospital, fundación que foi a que ofreceu estancia e apoio es esta familia meañesa. “Antón ten agora cinco años -recoñece Antonio Domínguez- e agardamos que poida facer os seis celebrando o aniversario na casa”.



Engadido, o meañés Antonio Domínguez era galardoado un mes antes coa variña “Mago Protector” da Fundación Andrea, nuna gala que tiña lugar oa 29 de novembro de 2025 en Santiago. Abaixo servimos o vídeo de gala Fundación Andrea, podendo visionar a Antonio Domínguez, Suellen e o pequeño Antón a partir de 1:43:32. Para ver gala pincha abaixo:
 

 A de Antón e familia é unha historia de afouteza, un exemplo no que mirarse como seres sociais que somos. E non só por afrontala, senón por compartila con enteireza e axudar como solaz a outras familias que están sofrindo situacións semellantes. Compartilo faranos máis fortes, non só aos que a padecen historias así, senón tamén a todos o que as escoitamos/vemos/lemos porque, seguro, fainos pesoas máis dóces. Por iso, Antonio, desde aquí, non só infurdirvos alento  para seguir remando, senón parabéns e moitísimas grazas por ensinarnos tanto.

 

Suellen e Antonio co pequeno Antón acudindo a revisión