Opinión***
O CUARTO PODER

A
información é o cuarto poder. Elixir medio para seguir a actualidade (por parte
do lector, oínte ou telespectador ávido de información veraz), mellor que sexa unha decisión mudable. Do contrario, se te estancas, o medio devórate.
Cabe
lembrar os grandes escándalos destapados polos medios máis ousados do momento, e que, por contra, outros quixeron tapar o poder executivo de quenda. Cando o affaire dos GAL a a fins do 80 (e co PSOE no poder), o consumidor
que quería estar na cresta da onda desa información tiña que ler “Diario 16”, cando outros medios, primeiro
aliñeáronse coa versión do goberno e logo, conforme medraba e escándalo, pasaban
de puntiñas sobre o asunto. Cando Filesa nos anos 90, o consumidor que pretendía información de vangarda, tiña que ler El Mundo. E cando os atentados do 11-M en
2004, naquela noite de reflexión, quen procuraba información real sobre a
autoría do atentado, tiña que escoitar a cadea Ser, mentras outros desviaban o tiro en
víspera da xornada electoral, manténdose fieis ao PP de Aznar (aínda que logo a
noite comeunos). Ou cando a marea negra do Prestige, cabía fuxir da TVE sempre
servil ao executivo (o PP daquela, ou o PSOE de agora). E cando o de Bárcenas e
a contabilidade B do Partido Popular, tocaba ler El Mundo ou El País, que foron
os máis avezados en destapalo.
No
intre de hoxe, que medios ousados saltaron denunciando o affaire Ábalos-Koldo-Cerdán
& cía? Pero agorra El Mundo xa non é El Mundo, El País non é El País, a
cadea Ser non é aquela cadea Ser… Cabe emigrar, buscar outros medios: El
Español? El Confidencial? OK Diario? Onda Cero? Antena 3? Cuatro?... A saber!
É
aquí, cando toca elixir (quedar ou mudar?), se
quere é consumir información libre e veraz, ou tragar co panexírico edulcorado
de comunicados de partido. O mérito do consumidor estará en discernir cal é cal. Certo
que para as personas á fronte de información, ben o saben, ser libre e
independente é moi duro, e ten un custo a pagar. Pero a honradez non se vende
nunca. Neste Meaño, e desde este portal, tampouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario