sábado, 31 de enero de 2026

 

VALORES MEAÑESES NO DEPORTE E NA MÚSICA

A balonmanista meañesa Raquel Muñiz Díaz foi convocada coa selección española xuvenil, e participa así nestos días nas xornadas de preparación e tecnificación con vistas ao Campeonato do Mundo de Balonmán Xuvenil que se disputará este verán en Rumanía. Viaxaba este pasado venres para esta concentración que se desenvolve en Serra Nevada (Granada) de forma continuada ata o 6 de febreiro. Desde este Ventanuco de libertade meañesa, os nosos parabéns para esta meañesa e toda a forza verdinegra para empurrala cara arriba.


A meañesa, Raquel Muñiz, coa camiseta do Asmubal Inelsa Solar

Foron 28 as xogadoras nacionais convocadas para esta cita, e nela, por primeira vez, unha xogadora meañesa do Asmubal, que sigñifica todo un fito para o balonmán meañés e arousano. Natural de Xil, Raquel Muñiz, ao seus 16 anos e 1,75 centímetros de altura, desenvólvese como primera liña, alternado de lateral e central. Esta meañesa fora convocada en catro ocasións coa selección galega, e esta é a primeira vez que o fai con España. “Faime moitísima ilusión -recoñecía- acudir a esta convocatoria, e fágoo disposta a vivila como unha experiencia e moitas gañas de aprender e seguir medrando no balonmán”.
Unha Raquel Muñiz que, ás primeiras de cambio e pese a súa xuventude, deu xa o salto para militar esta tempada co equipo sénior do Asmubal Inelsa Solar na División de Honra Prata Nacional. Unha liga na que ven medrando, collendo protagonismo e onde leva materializados xa 15 goles nesta liga. As baixas de longa duración -Carol Fajardo e Eli Méndez- levou a Juan Costas a dar alternativa ás xuvenís. “Juan -reconocía Raquel Muñiz- falou con nós a inicio de temporada (en relación ás tamén xuvenís, Alba Domínguez, Claudia Vera, Ana Prol e María Beis), deunos moita confianza e iso estanos a facer medrar”
Nesta concentración en Serra Nevada, en viaxe en tren e estadía, Raquel Muñiz está acompañada por outras tres galegas convocadas, que era Raquel Blanco (B. Porriño) y Alba Faílde (B. Lalín) e Iris Santana (B. Lavadores), e ás que une xa unha amizade da selección galega.

 

O poder da música

Con motivo do Día Internacional da Paz, que foi este venres 30 de xaneiro, compartimos aquí o vídeo íntegro do concerto da Orquestra Sinfónica e Xoven Sinfónica de Galicia, e máis 540 coristas. Un concerto que alumnos e mestres de conservatorio, máis coristas, ofrecían o pasado 11 de xaneiro no Coliseum de A Coruña, diante de 6.200 persoas. Foi hora e media de música continua, sen pausa, con bandas sonoras e cancións de míticas películas infantís. Cantas coñeces? Un concerto solidario coa pobreza de África que, recomendamos, coloques en pantalla de televisión… Emocionaraste!. Ah! Desde o escenario, presencia de dous músicos meañeses, Miguel trompeta, e Mario fagot da Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia.


Vista do previa do concerto desde o escenario do Coliseum

Os dous meañeses,Miguel e Mario



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario