sábado, 10 de enero de 2026

Opinión*** 

PSICÓPATAS NO PODER 

A recente intervención militar de Estados Unidos en Venezuela para secuestrar a Maduro, metelo nun cárcere newyorkino e sometelo dentro dun tempo a xuizo segundo as leis norteamericanas, ademáis de violar a lexislación internacional, é un volta de porca a doutrina Monroe, cuxo lema rezaba: “América, para los americanos” (isto é, dentro da corriente neo-imperialista, “América, para Estados Unidos”). Unha doutrina Monroe que, desde cando se formulou alá no s. XIX, sempre estivo presente, unhas veces de xeito soterrrado, outras aflorando con voltas de porca para mudar goberno, aínda que fora para impoñer ditaduras que favoreceran os intereses económicos dos Estados Unidos (Batista en Cuba, Pinochet en Chile…).
Criticar a operación dos Estados Unidos non impide facelo co réxime “madurista” (ou chavista). Trump e Maduro non son unha cara da mesma moeda, son dúas moedas, e as dúas reprobables. Nicolás Maduro viña perpetuando un réxime que, partindo da democracia, dexenerara nunha tiranía apoiada nunha oligarquía con ese clientelismo piramidal que estrutura todo réxime ditatorial. As eleccións venezolanas -ou mesmo as rusas-, carecen de toda verosimilitude. Os feitos  (non os argumentos) evidencian as tiranías que ocultan.
 
Erran desde España -e Galicia- esos partidos que saen ás primeiras de cambio a criticar a “invasión” dos Estados Unidos -operación que é absolutamente condenable-, pero que en doce anos de tiranía “madurista” esos partidos non elevaron a voz unha soa vez para denunciar a violación sistemática dos dereitos humanos en Venezuela, mesmo chegando a ter a Nicolás Maduro como referente en Latinoamérica. Ver para crer!.
As ditaduras, compañeiro, son absolutamente condenables, sexa da cor que sexan. Existiron -e existen- ditaduras de dereita (Hitler, Franco…), pero tamén de esquerda (Stalin, o actual modelo chino que persiste…). A tiranía non é un fenómeno de partidos, senón de persoas. Na maioría son consecuencia da chegada ao poder de verdadeiros psicópatas: Nerón, Hitler, Stalin, Franco, Trump…E lista sería enorme, todos cumpren con ese perfil de psicópata. E en algúns gobernos están non poder. Ten vostede un psicópata preto? A saber!
 


Nota: A psicopatía é un trastorno de personalidade que se caracteriza polo narcisisimo, egocentrismo, e os que a padecen son mentirosos patolóxicos, teñen gran capacidade manipuladora, e mermo son encantadoras para conseguir os seus fins, sen importarlle as normas sociais nen o dano que iso pode causar outras persoas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario