*** Opinión
A PIÑÓN FIXO
O xeito de abordar obras, sen analizar os
proxectos redatados no papel e non valorar as consecuencias, é modus operandi dun goberno no que ler
non é o seu. “Daqueles barros, veñen estos lodos”. Dúas obras exemplifícano neste
curso
Por unha banda, a obra do tramo de 483 metros que se
está ampliando no vial de Viliquín (Dena), que comunica polo
interior co polígono de Nantes. Un vial que este concello ven de voltar a
aglomerar… na primavera de 2023!, movido ás presas pola campaña electoral, e no que tan só tres anos despois volta a obrar.
 |
| Zona de ampliación e estreitamento que quedará no vial de Viliquín |
Está resultando unha ampliación parcial porque non se pode acometer na parte central, en concreto nun tramo de 60 metros, pola negativa do propietario a ceder/regalar unha antiga parra de albariño do seu viñedo. Este
tramo, segundo o rexedor Carlos Viéitez, queda sometido agora a un proceso de
expropiación que, de aplicarse, tardará o seu, e no que o concello
deberá abonar os terreos segundo o que fixe o tribunal.
O lamentable é que alcaldía e os seus gobernen “a
piñón fixo”, negándose a explorar nese segmento de 60 metros a ampliación do vial cara
o outro lado, lateral éste no que o muro terreño está víndose unha e outra vez
abaixo. Neste inverno ese noiro caeu... en catorce ocasións! (marcas que aínda
poden verse hoxe). Dúas das veces, o desprendemento foi tal que pechou o vial, impedindo
o paso de vehículos e obrigando a retiralo con máquinas para reabrir a pista. E, no futuro, ese muro de terra negra seguirá caíndo cada inverno, e veremos se nalgunha
ocasión non causa danos. Por certo, en caso de danos polo desprendemento, convén saber que, por lei, o responsable dos danos causados é o
propietario do vial, neste caso o concello de Meaño.
 |
| Desprendemento e bloqueo do vial de Viliquín neste inverno |
Se se tivera actuado do lado de arriba nese
tramo central, todos saírían gañando: os propietarios, que a ben seguro
cederían encantados os terreos a cambio de facerlle un muro de contención ás súas leiras;
o veciño de enfrente, que podería seguir traballando a súa viña hoxe
afectada; e o automobilistas porque, ademáis de manter a anchura en todo o o
tramo, ao coller terreo para a parte de arriba, eliminaríase a curva sen
visibilidade que existe nese punto, e que, do contrario, seguirá sendo lugar do
accidentes como é ata o de agora. O alcalde Carlos Viéitez pretexta que é caro facer ese muro de
contención. É certo, pero este concello, tarde ou cedo, está
abocado a facelo. Entonces, daquela, sí que o será máis: pagar
expropiación agora, e logo pagar por facer o muro de enfrente.
 |
| Rúa Herminia Fariña na parte alta |
Rúa Herminia Fariña
E doutra banda, a obra a ampliación e
humanización da Rúa Herminia Fariña na que o concello investiu 558.970 euros (entre obras e terreos) e que evidencia os problemas que se advertían
no papel (se se lera). A calzada resultante agora, por onde poden circular os
vehículos, ten unha anchura de 4,80 metros no tramo central recto pasado o Centro de Saúdo, e 5,20 metros
na curva de arriba. Tendo en contra que un autobús escolar ten un ancho de
2,50 metros, éste non se pode cruzar con outro vehículo (moi axustado no tramo
central, e imposible nas curvas), e máis aínda con outro autocar ou minibús.
Ademáis, salientar que o cruce conleva o risco que os vehículos
poden invadir a bairarrúa, que agora está ao mesmo nivel, e que deixa de
protexer ao peón. Bonito si, pero, onde está a protección do peón escolar?
 |
| Autobús e vehículos ante a mini-rotonda de final dá rúa |
E outra guinda: arriba, na parte final,
dispúxose unha mini-rotonda, tan estreita que non xiran os autobuses, véndose obrigados así a
facer varias maniobras, con marcha atrás incluida, precisamente co risco que
iso supón facelo xusto na entrada do CEIP As Covas e con nenos de por medio.
Xa por non falar do bancal disposto (ideal para botellón
de verán, ao tempo!), e das prazas
estacionamento da rúa que, segundo o proxecto, debería ser “rotatorio”,
por tempo limitado, a xeito do que na cidade ven sendo a zona azul, se ben
supoñemos só quedou no papel (pero así está redatado), e non se aplicará.
En fin. Evidenciase así que neste goberno local
ninguén le con atención, ninguén analiza co debido detalle os proxectos
redactados, e ter así a ocasión de engadir enmendas e suxestións para melloralos antes de aprobarse e executar as obras. O
papel auguántao todo, bonito si, pero a realidade é outra. E esa realidade, por enriba do asfalto que é o seu, é a que este goberno
non ve.
Imaxes de desprendementos do noiro da parte de arriba no vial de Viliquín

No hay comentarios:
Publicar un comentario