“MOEL” E “CÉ” CAUTIVAN MEAÑO
A
poesía é o pouso das letras de Moel, dúo de Ribadumia que presentaba esta
semana o seu disco “Punto de partida” na Taberna de Cancela en Xil: “Cando o
teu monte arda co lume dun día / eu daría toda
miña vida por me queimar. / Mentras tanto, confórmome con fumar / penas
e alegrías nun papel de fumar” cantaba en “As mentiras e as verdades”.
.jpg) |
| Moel, no seu concerto na Taberna de Cancela |
Fixérono
nun concerto, con guitarras acústica e eléctrica, a voz de Carlos Abal y
Ramón Núñez e con ese pouso de blues. Cancións concebidas todas elas en galego, para o disfrute dunhas
setenta personas sentadas arredor dun puñado de mesas para, á vez, degustaban
algo para cear, picar, ou mesmo unha cervexa nesta marco enxebre.
Con
voz queda, Moel foi debullando, contando e cantando historias de desamor,
desacougos e soños: “pícanme os ollos / por durmir pouco / por non usar os lentes
/ por ser cómplice do medo / aceptando a mau de ferro” (“Pícanme os ollos”,
canción composta por Carlos Abal e que tamén é interpretada Guadi Galego).
.jpg) |
| Outro intre do concerto en Xil |
Foi
unha hora de música de preto, onde soaron temas como “Ata onde chega o mar”,
“Duendes e fadas”, “Dente de león”, ou “Casa deshabitada”. Só por un chisco,
asomou o pouso roqueiro, en “Punto de partida” onde arrancaba cantando (e
contando): “Adormece o día / apago o motor / non hai melodía que me meta na
cama / que me poña en ruta / que ilumine a pista: / Eu saio a buscar / o minuto
de gloria / o fin de historia / a tinta do amor”. Deixamos aquí un vídeo de Moel cantanto "As mentiras e as verdades"
Festa
rachada con Cé
O pasado domingo, “Cé Orquestra” (“Cé” é o apócope deo seu nome, César) conquistou
ao público familiar co concerto da súa “Orquestra Pantasma”, no que el, á vez,
é vocalista, acordeonista, percusionista (bombo, plato, pandeireta) e ata,
chegado o caso, músico de vento cunha simple folla de planta. Todo nun, o
verdadeiro “home orquestra”, que arrastrou a cativos e maiores a formar parte
activa das súas cancións e coreografías. Fíxoo no marco da xornada de convivencia "Queremos festa" que, por cuarta edición cada mes de maio, organizaba a comunidade educativa do CEIP de As Covas para visibilizar o xeito de traballar e educar neste centro.
.jpg) |
| Cé Orquestra no colexio As Covas en Meaño |
César Freiría, músico autodidacta e
apasionado dos instrumentos, integrara no seu día grupos como “A Roda”, ou de
de punk “Oxtiax Ke Te Pariu”. Logo, xa en solitario, apostou por este proxecto
musical unipersoal, cargado a sus espaldas a súa particular orquestra coa que
percorreu os mellores festivais e festas da xeografía galega. Tras un impasse
neste último mes marzo, que o obrigou a parar os concertos e construir un bombo
máis lixeiro que aliviara as suas costas, voltou neste mes de maio cheo de actuacións
polo Mes das Letras.
.jpg) |
Aínda que empezou sentado, o público acabou erguéndose e bailando
|
O seu último repertorio, como o amosado en Meaño o domingo, e pesares de
estar dirixido ao público infantil, serve para facer partícipe tamén aos
maiores coa arte da súa retranca coa que deixa guindas de humor para cativos e
adultos, en función de a que se dirixe en cada momento. A improvisación é unha disciplina que “Cé” domina como poucos, o que fai que cada cantiga que interpreta e
cada coreografía que propón resulte viva, con variantes en cada concerto,
segundo resposte o público. E a boa fe que, o de Meaño entregouse de cheo o
domingo, nun concerto no que artista e xente se contaxiaban mutuamente no
disfrute e no inxenio.
 |
| O público familiar entregouse no baile e nas coreografía de Cé |
Soaron, entre outros, a súa “Xoaniña Voadora”, “O tren”, “O mar”,
cancións do seu último disco “A voar”, todas elas basadas en retrousos curtos,
repetitivos e doados de aprender, para estimular así a imaxinación mentras o
público, canta, baila e interrelaciona. Máis non se quedou aí, senón eu Cé tivo
arrestos para soltarse ao final con versións punk de temas tradicionais galegos
como o “Adeus ríos, Adeus fontes”, “Sementarei” ou “Quen poidera Namorala” (amosómosche esta última no vídeo de abaixo):
Un “Ce Orquestra” que tamén ten en carteira un repertorio propio para maiores, se algúen require dos seus servizos para a súa festa rachada. Lembra, se non viches a Moel o a Cé en Meaño, pero tes a ocasión de atoparte con algún dos seus concertos por aquí preto, non o perdas. Recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario