domingo, 12 de julio de 2026

 En clave musical (I)

MEDITANDO CO ALÉN
(The Alan Parsons Project)
 
 
Este portal, como se declara na entradiña de presentación, arriba debaixo do nome do nome do blogue, é máis que información e historias meañesas que compartir. Ahora que é verán, cun chisco máis de tempo pola túa parte, abrimos unha sección de música na que che propoñemos reler, escoitar, bucear, redescubrir. Facémolo relembrando esa outra música que se afastaba do máis comercial, e que, aínda co paso do tempo, ten unha vixencia entrañable, e a algúns dos promotores deste portal marcounos por unhas cousas ou outras. O anoitecer é ese intre axeitado para deterte un pouco… Párate e mergúllate meditando co alén.
 
A primeira estación detense nunha desas formacións de rock alternativo de cabeceira noutrora e aínda con tirón en moitos seguidores: “The Alan Parsons Project”. Uha banda que, entonces, non ofrecía concertos en directo, é que respostaba ao modelo bicéfalo de Alan Parsons e Eric Wolfson. Deles, o primeiro, de partida, era inxeñeiro de son e produtor; e o segundo, era un dos compositores e voz solista nos temas máis dóces. Outros do resto desta era formación mudable, axustándose a cada proxecto ou disco.
The Alan Parsons Project xurde, aí e nada, en 1976. No seu haber, ata 2022, editou 16 discos. O mellor momento desta formación foi mentras se mantivo a dupla Parsons/Wolfson, ata que en 1990 éste último abandona o proxecto, e logo fina a causa dun cancro en 2009.
 

Entresacamos versos dalgunhas das súas cancións que nos marcaron: “Visións de choiva caen fóra dos ceos azuis”, en
“Closer To Heaven” (Gaudí, 1987), e logo xogue o lector interpretando o espellismo proposto. Párate a descifralo, pero só serás capaz dende o mundo da poesía.
Rescatamos aquí para o lector algúns vídeos subtitulados en español, para que poidas seguir as letras poéticas de cancións, non inspiradas en temas recurrentes, senón en ideas e conceptos que nos achegan á filosofía, a deus, ao alén, ao descoñecido, como abrindo as portas máis alá do que podemos e percibir cos sentidos, e poñéndonos ante un mundo paralelo invisible que non sabemos se está. Abaixo, rescatamos algúns versos, e facémolo en castelá para casan mellor co que logo verás en cada vídeo subtitulado.
 
A canción perfecta
A canción redonda é “Eye in the sky” (“O ollo no ceo”, ano 1982), onde Alan Parsos elixe para a súa portada o ollo de Horus, empregado no pasado como un dos amuletos máis poderosos no antigo Exigto (maxia, protección, purificación, sanación), símbolo da perfección. Nesa canción reza a letra:

Soy el ojo en el cielo, mirándote.
Puedo leer tu mente.
Soy quien hace las reglas,
lidiando con tontos.
Puedo engañante con los ojos cerrados.


 
Se leches (ou pensar ler) “1984”, que George Orwell escribiu en 1947-48, novela onde existía ese “Gran Hermano” (predicindo o de hoxe, vixiados de xeito constante (por redes/cámaras/Internet), podes comprender mellor esta canción que Alan Parsons. Quen é ese ollo no ceo? O “Gran Hermano”? Deus? Quen canta entonces esta canción? Se a escoitas, a melodía vaite envolver en bucle y acabarás tarareándoa moitas veces. Verás!
 
Cara a outra dimensión
A fugacidade da vida, a conexión co mundo do alén que nos achega a ese pó de estrelas que vimos de ser e que acabaremos sendo, é o denominador da “Some Other Time” (“Noutro momento”), incluido no proxecto “I robot” (1976).
 
En cuestión de un momento,
perdido hasta el fin de los tiempos.
Es la tarde de otro día
y el final del mío
 
Ahora la luz de las estrellas me encontró,
perdida por un millón de años.
Intenta quedarse mientras ciega mis ojos ojos
hasta que desaparece…
¿Podría ser que alguien más
esté mirando dentro de mi mente?

Unha última pregunta inquietante. E se realmente alguén está mirando dentro da túa/miña mente?


 
O efímero que é a vida máis o paso tempo é o trasforndo de "Days Are Numbers". Que é o paso do tempo? Alan Parsons ofrece unha resposta chea de filosofía no retrouso e no título: “os días son números”. Somos, á postre, viaxeiros na vida e nun tempo finito (ou infinito?). Nun fragmento da canción reza:
 
El viajero siempre está abandonando su hogar,
es el único estilo de vida que conoció.
Cuando parece que cada momento es una carrera contra el tiempo
siempre queda una montaña más por escalar
 
Los días son números,
así que, observa las estrellas.
Sólo podemos ver hasta donde alcanza la vista
pero algún día…
sabrás dónde estás…



 

En “Children Of The Moon” (1982), asoma o final, a apocalipse do planeta onde vivimos (cambio climático, contaminación, guerras fratricidas…) que casa aínda máis co presente que vivimos. Ocorre cando deixamos os gobernos en mans dos tolos ou cegos que anuncia Alan Parsons (hoxe Trump, Putin, Netanyahu…), ao que deixamos “que escribiran as regras de ouro”, e que por iso nos empurran abocados a un fin prematuro. En "Children Of The Moon" ("Fillos da lúa") canta:
 

Dejamos que los sabios tocaran los tambores
demasiado pronto…
Sólo éramos hijos de la Luna. 
No hay lugar donde correr, incluso si pudiéramos,
es muy tarde para salvarnos. 
Pero trata de entender:
los mares estaban vacíos,
había hambre en la Terra,
dejamos que el ciego
liderara el camino por tanto tiempo…
Es fácil ver donde nos equivocamos
 
No hay nada por lo que vivir
nada por lo que morir…
Estamos perdidos en un mundo sin esperanza.
(…)
 
Dejamos que los  locos escribieran las reglas de oro
No éramos más que tontos mortales.


 
Pano final
E a vellez, ese intre para facer balance do tiempo vivido e dos amigos de verdade é a idea presente “Old And Wise” ("Vello e sabio", 1982), nesa antesá do intre final afirma que “existen sombras que se achegan a min” (anuncio da morte para o ancián).  Nos seus versos, reza:
 
Tan lejos como puedo ver
existen sombras que se acercan a mí.
Y para aquellos que quedaron atrás
quiero que sepan
que siempre compartieron mis pensamientos más profundos
y me siguieron donde yo iba.
 
Cuando sea viejo y sabio
las palabras amargas no me importarán,
los vientos otoñales soplarán a través de mí.
Y algún día, en tiempo de niebla,
cuando me pregunten si te conocía
sonreiré y diré que eras mi amigo.



E nas nosas recomendacións para interiorízar e adicarte un tempo para meditar, imos á cara B del LP “Pyramid” (1977). Concebida nesta parte a modo de suite, The Alan Parsos encadea tres temas sen interrupción: “Voyager” (instrumental de apertura), "What Goes Up" e “The Eagle Will Rise Again”. Paramos nesa última última canción, cunha letra que versa sobre la vulnerabilidade da vida, sempre pendene fun fío, sabendo que a morte pode sorprendernos da xeito máis imprevisto. A aguia simboliza a libertade e a claridade para a conexión divina, de aí el que sexa a ave elixida para esta canción, mentras os días da existencia de cada un “non son máis que grans de area que se escurren entre os teus dedos” (da man de Deus?). Interpreta e interioriza os versos:
 
Yo fácilmente podría caer en desgracia,
y entonces otro ocuparía mi lugar
por el simple privilegio de contemplar tu rostro.
Y los días de mi existencia no son más que granos de arena
que se escurren entre tus dedos
al reclamo del soplo del viento.
 
Se dicen muchas cosas cuando, en verdad, no hay nada que decir,
palabras que resuenan en los oídos de quienes no saben desentrañar
el mensaje que tras ellas se esconde,
ni lo signos ocultos que me llevan hacia ti.
Lo único que te pido es que me digas cómo puedo seguirte,
y obedeceré.
Enséñame cómo llegar hasta ti; no sé cómo hacerlo.
Deja que mis ojos vean la luz; déjame fundirme con ella.


Aquí abaixo amosamos o vídeo completo da suite (Voyager” -instrumental-de apertura-, "What Goes Up" e “The Eagle Will Rise Again”). Lembra, as tres enlazadas e cunha realización exquisita que mezcla as pirámides e cultura da morte do antigo Exipto, con mundo futurista do espazo, cuan inspirado no mundo de "Star Wars"

 
Cancións, melodías e letras que convidan a meditar, afastándote do material e procurando percibir o que non ves. Escóitaas. Ogallá que algunha destas canción poida acadar eses lugares máis recónditos da túa mente -ou da alma- e espertar algo para dudar ou facer nacer esperanzas. A saber.



No hay comentarios:

Publicar un comentario