SACHASO DE MAR
Xullo festivo en Meaño e fin de semana na comunidade na honra ao apóstolo Santiago, día de Galicia. O santos Benito (Lores) e Cristóbal (Dena), Viño, xantar dos Muiños, Son do Mar, Sachaso Rock… Por cartos que non sexa! Que non queda tempo para traballar!! 😉 😉
Por isto, imponse este fin de semana neste pequeno Ventanuco unha entradiña fotográfica e con vídeos dos concertos en Dena, no marco de “Son do Mar” e “Sachaso rock”. Todo hai que dicilo, balance positivo, en canto a unha convivencia que, por un tempo, se dubidou. A boa acústica con son controlado no recinto, fixo que se poidera convivir no centro de Dena e, nunha gran maioría, os que non quixeron ir aos concertos, poideron conciliar o sono con relativa normalidade. Axudou tamén a tempo meteorolóxico, que permitía durmir coa fiestra pechada para evitar que o son da electrónica entrara con todo o estrondo. Tamén boa canalización de vehículos cara as once zonas de estacionamento gratuito habilitadas polo Concello de Meeaño e que deron dabondo. Aquí a nosa selección:
Europe...
Tam Tam Go!...
Maldita Nerea...
| A banda galega The Rapants |
| O galego M9Louro |
Lia Kali...
| Marlon en "Son do Mar" |
Outras imaxes do público en Son do Mar...
.jpg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario