sábado, 29 de agosto de 2026

 

FUEGO CRUZADO

Comprender a convulsa primavera de 1936 é vital para entender as causas do golpe de estado de xullo que desembocou na fratricida Guerra Civil para parir logo a infausta ditadura. Para esa comprensión, “Fuego Cruzado” -escrito polos historiadores Fernando del Rey e Manuel Álvarez Tardío-, debería converterse en obra de referencia.
En casi 700 páxinas, debulla en profundidade os cinco meses da Fronte Popular no goberno. Nelas fuxe no buenismo e dos convencionalismos á hora de explicar esa turbulenta etapa. “Algunos ciudadanos -escriben ao final os autores- rehúyen la Historia y prefieren relatos morales del pasado que soporten sus memorias del presente”. E, advirten, “no hay por qué tratar a todos los lectores como si fueran creyentes (…) y no hemos investigado la primavera del 1936 y la violencia política para solventar dilemas morales simples, ni para alentar discursos maniqueos, encontrando respuestas fáciles a preguntas difíciles”.
 
A extrema dereita da Falanxe, sen  ningún deputado nas eleccións de febreiro de 1936 e con moito menos forza da que se lle presume, gaña adeptos tras tirarse ao pistolerismo para contribuir a desestabilizar o goberno. Pero o inimigo atípico, tamén causando a espiral violenta, estaba dentro da propia Fronte Popular, onde as divisións e loitas intestinas dificultaba de por si calquera goberno. Mesmo O PSOE que, era o partido máis forte nesa coalición, evitou involucrarse no executivo deixando facer a Azaña e os republicanistas, para cargar sobre eles a cada paso como para deixalo cair (o do “perro del hortelano: ni come, ni deja comer”). Máis non só iso, dentro do PSOE as divisións internas (Besteiro no bando conservador, Prieto no centro e o “leninista” Largo Caballero á esquerda tirado á “revolución”) eran alevosas, endosándose entre eles puñaladas trapeiras, e contribuindo a caos dun goberno que nunca tivo o control por tratar de safisfacer as diferentes familias da Fronte Popular.


A violencia na rúa, lonxe do que poida pensarse, non foi un monopolio da extrema dereita, tal como mesmo vendía a Fronte Popular daquela, e como algunhas correntes explican hoxe, de xeito  buenista e simplista, a orixe do golpe. E é que violencia foi tamén unha reacción xeralizada e organizada desde a esquerda (socialistas, comunistas e anarquistas). No medio, o goberno reaccionou con atino ante a violencia da dereita, ilegalizando a Falanxe en marzo e encarcelando ao cabo aos principais líderes. En troques, fixo a vista gorda coa violencia das esquerdas que, no fondo, permitiu, para non facer quebrar a propia coalición. Iso, á postre, limará a autoridade e a credibilidade do goberno.
 
Os datos, con números, nomes e apelidos de moitos dos mortos nese “lume cruzado”, refréxanse no libro, e amosan un balance tan real como sorprenderte. Aquí, unha pincelada: entre  o 17 de febreiro (o día seguinte do triunfo da Fronte Popular nas eleccións) e o 17 de xullo (inicio do golpe de estado), documéntanse 977 episodios de violencia política, cun balance de 484 mortos de 1.654 feridos. Desos 977 episodios violentos, coñecese aos responsables de 544 casos. E deles, o 78,7 por cento foron causados  polas esquerdas; e o 21,3 por cento restantes foron responsabilidade das dereitas. E canto ás vítimas, as cifras dos damnificados son  diferentes: 764 vítimas nas esquedas (documéntanse 223 mortos e 541 feridos), e 528 nas dereitas (147 mortos e 381 feridos).
Unha violencia e letalidade na que, entre outros aspectos inflúe que daquela a sociedade chegara e mantíñase armada, con moita arma curta entre a cidadanía, o cal hoxe sería impensable. E todo no medio de cinco meses onde se mantivo o estado de guerra e a censura nos medios de comunicación, cunha sociedade cada vez máis polarizada mentras o Parlamento actuaba como caixa de resonancia. Non estaría de máis que os nosos políticos actuais leran “Libro cruzado” para non voltar cometer aqueles erros… porque é un camiño que, se non prestamos atención, atisba pode empezar a andarse. Precisábase entonces -e hoxe- xente de con visión de estado, non de partido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario