*** Opinión
BULLA
O
son elevado que mantiña a altas horas da madrugada os eventos do Costa Feira no
polígono de Nantes durante a primera semana de agosto enervou aos veciños de
Lores, Paradela, Meaño, Viliquín y Dadín, entre otros lugares. Un son que
medraba tras acabar os concertos, que era cando entraba en ebullición a
discoteca Bulla, radicada no recinto, e que prolongaba a súa actividade ata o
fío das 6:00 da mañán. Non só Meaño, porque ese son nocturno tamén impactaba na
localidade de Nantes, e mesmo de deixaba oir en casas de Nanín, colindante xa
con Areas (que dista 5 quilómetros do polígono de Nantes).
Varios damnificados chamaron xa de madrugada Policía Local de Sanxenxo para
queixarse, e outros o facían no Concello de Sanxenxo ao día seguinte. Tomando
nota, e mercede á actuación do concello, a empresa organizadora regulou o son
esta semana (a partires do 10 de agosto) e anticipou o peche do Bulla ás 4:00
da madrugada. Todo encauzado e voltouse normal. Ata aquí, parabéns pola
corrección.
O
pior, Costa Feira (e que motiva esta opinión), non foron as molestias ocasionadas
durante esas noites. Non, o pior foi a nota de prensa divulgada por vostedes nos
medios de comunicación e publicada este venres 14 de agosto, onde reza
(extracto textual): “ante las quejas de vecinos de la zona por el supuesto ruido nocturno de los conciertos
del Costa Feira, los responsables del festival aclaran que cumplen en todo
momento con la legalidad vigente en materia de ruido, (…). Por ello creen
necesario matizar las críticas del grupo
de vecinos de Meaño ya que no reflejan la realidad del evento”.
Señores
organizadores de Costa Feira: unha cousa é cometer un exceso de ruido nesas
noites, querendo ser fieis ao nome de “Bulla” (RAE: griterío, ruido forte de
xente, ou reunión de moitas persoas), e logo corrixilo (calquera comete un
exceso, e logo enmendaron). Outra cousa é “mexar
por nós, e dicir que chove”. Porque o ruido nesas madrugadas, non foron
“supostos”, foron totalmente reais, y ducias de veciños consultados por este
portal o atestiguan (incluido unha xoven meañesa que tivo que recorrer a
colocarse tapóns nas ourellas para poder conciliar).
O
esgrimido polos afectados si que refrexa a realidade do acaecido no evento esos días (en relación a Bulla). O que non refrexa a realidade é a versión súa que
trasladan en nota de prensa. E se vostedes, tal como dicen, mateñen “un firme compromiso coa zona e cos
veciños”, ese ben podía empezar na súa nota pedindo disculpas e logo
manifestar que enmendaron o erro (e todo arreglado!), e non cargar contra os
veciños dubidando do acaecido, como se en tantos lugares diferentes se inventaron
a situación padecida… Pois non, señores Costa Feira, non chovía, aínda que
vostedes o dixeran, senón que mexaban por nós con esa nota de prensa. Desde
aquí, dicímolo libres.
P.D.: Se desde Costa Feira queren facer uso de réplica e
publicar neste portal, pode dirixir –uso si, con autor plenamente identificado-
o seu escrito a poloventanuco@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario