domingo, 23 de agosto de 2026

En clave de verán (e III)

O ITALIANO MÍSTICO

(Franco Battiato)  


A terceira (e última) estación musical de verán fai a súa parada noutro desos cantantes que non foi de masas, pero si calou en seguidores de idades moi diversas. El é o italiano Franco Battiato (1945-2021), que, amén de cantautor, foi director de cine e óperas, guionista, pintor, e ata filósofo e místico.
Tamén ecléctica foi a súa carreira musical, con estilos que, partindo da música romántica, evolucionaron pasando pola electrónica, rock progresivo, música culta e étnica. Ata foi provocador en reflexións para espertar esa voz interior. Gustaba de cantar sentado sobre o escenario para reforzar a idea de recital íntimo e meditación compartida co público. Todo iso fixo del un intérprete difícilmente calificable, sendo, o que se pode dicir, un músico total.


As súas letras foron cultas, ávidas de pasearnos pola Historia e por diversas culturas e etnias. Outras foron críticas co momento, e algunhas ata místicas. Mesmo el tivo unha efímera experiencia política como Conselleiro de Turismo, sen cobrar salario, pero que non soportou pola falta de principios que imperaba nese mundillo. A súa crítica aos parlamentarios italianos levou ao seu cese. Desenganado, deixou a política.
Non casou nen tivo fillos. Finou aos 76 anos na casa dunha infermidade neuroxenerativa. Este ano estrenouse en Italia "Franco Battiato: "Il longo viaggio", película sobre este músico xenial. 
 
Entresacamos para este Ventanuco cinco das súas cancións con fragmentos de letras, para achegar ao lector a súa música, descubrilo por parte da nova xeración, e redescubrilo ou recuperalo para outras máís "talludiñas". Algunhas letras merecen dunha explicación para situar ao oínte.


 
“Centro de gravedad permanente”

Esta canción lanzaouse en 1981 e foi a primeira que o fixo sair e triunfar no exterior (tamén en España). A procura interior de Battiato arranca dunha forte crise existencial que sufriu a inicios dos anos 70, e que no metro de Nova York mesmo levouno a pensar no suicidio, barallando guindarse á vía, como atraído por un canto de sirena. “Unha noite -escribiu- estaba seguro de morrer máis do habitual. Cando cheguei ao máximo, déixeme levar aceptando tranquilamente a idea da morte, cando repentinamente empecei a sentir unha enerxía inconfundible que, partindo da cabeza, todo se estabilizou por todo o meu corpo, aportándome unha serenidade e unha ledicia que nunca imaxinei que podería existir”. A partir de aí foi un buscador interior cosntante, acabando por ser defensor da teoría de que consciencia perdura despois da morte do corpo. E para esa procura, o ioga e a meditación interior foron as súas ferramentas para conectar, técnicas que, defendía este músico italianos, debían ser de formación regrada nos colexios.
O filósofo e místico armenio George Gurdjieff, a quen leu Battiato, falaba que todo ser humano posúe cinco centros interiores: instintivo, motor, intelectual, emocional e sexual. En cada persoa un desos desos centros está máis desenvolto que outros. E aí Gurdjieff incidía na importancia dun “centro de gravidade” que armonizara todos o demáis. Ese centro de gravidade permanente é o que ten que procurar cada quen para conseguir que todo funcione en equibrio interior, e non deixarse arrastrar polo caos do mundo, polas modas pasaxeiras e a superficialidade da sociedade que nos rodea. Isto explica a letra da canción de Battiano  que, nun fragmento, reza así:


Busco un centro de gravedad permanente
que no varíe lo que ahora pienso de las cosas, de la gente.
Yo necesito un centro de gravedad permanente
que no me haga cambiar nunca de idea
sobre las cosas, sobre la gente.
 
En las calles, era mayo y caminábamos juntos,
cortando, entre bromas, manojos de ortigas.
No soporto ciertas modas,
la falsa música rock, la new wave española,
el free jazz, punkie inglés, ni la monserga africana.




“Nómadas”
Lonxe do que pode crerse  a primeira vista -e que nos pode facer pensar na crise migratoria como a que estamos a vivir en Ceuta-, a letra desta canción (1987) resposta en metáfora a unha viaxe interior na que cada ser humano é nómada na procura do senso máis profundo da vida "buscando los ángulos de la tranquiliad". Para iso toca alonxarse material ("de la ciudad") e das reacciones emocionais, procurando “al final del camino” esa paz interior.
 

Nómadas que buscan los ángulos de la tranquilidad
en las nieblas del norte, en los tumultos civilizados,
entre los claros oscuros y la monotonía de los días que pasan.
Caminante que vas buscando la paz en el crepúsculo,
la encontrarás al final de tu camino.
 
Largo el tránsito de la aparente dualidad,
la lluvia de septiembre despierta el vacío de mi cuarto,
y los lamentos de la soledad aún se prolongan.
Como un extranjero, no siento ataduras del sentimiento.
Y me iré de la ciudad, esperando un nuevo despertar
 
Los viajantes van en busca de hospitalidad
en pueblos soleados, en los bajos fondos de la inmensidad
Y después duermen sobre las almohadas de la tierra.
Forastero que buscas la dimensión insondable,
la encontrarás fuera de la ciudad, al final de tu camino.





"Yo quiero verte danzar"

Esta canción rinde homenaxe á celebración da vida e de da libertade a través da danza. E faino cun ritmo alegre que nos leva a unha viaxe para visualizar escenas dos bailes dos cíngaros nos desertos, dos barineses (naturais do estado de Barina en Venezuela), dos “derviches tourneurs” (xiradores) das sagradas danzas balcánicas en círculo, o kathakali do sur da India, os valses de vieneses da Baixa Padana (Norte de Italia)… A danza preséntase como vehículo  de conexión entre as diversas parte do mundo, e que mesmo procuran esa conexión espiritual interior.


Yo quiero verte danzar
cómo los cíngaros del desierto, con candelabros encima
o como los barineses en días de fiesta.
Yo quiero verte danzar
come derviches tourneurs que giran
sobre la espina dorsal al son de los cascabeles del kathakali

Y gira todo en torno a la estancia, mientras se danza, danza.
Y gira todo en torno a la estancia, mientres se danza.
Y Radio Tirana transmite música balcánica,
mientras bailarines bùlgaros,
descalzos, sobre braseros ardientes.
En Irlanda del Norte, en verbenas de verano,
la gente anciana que baila al ritmo de siete octavas


Y gira todo en torno a la estancia (…)
 
En el ritmo obsesivo la clave de ritos tribales
reinos de hechizos y de los músicos gitanos rebeldes.
En la Baja Padana, en verbenas de verano,
La gente anciana que baila, viejos bailes vieneses.




"La estación de los amores"
Esta letra de 1984 é unha metáfora ao cíclico que é amor na vida, que ven e vai “sin previo aviso”. E que o amor non coñece de idades, o tempo é fugaz, pero os desexos e paixóns poden permanecer vivos por moito tempo (quizáis por sempre), e, se se van, regresar cando menos o esperas.


La estación de los amores, viene y va,
y los deseos no envejecen, a pesar de la edad.
Si pienso en cómo he malgastado yo mi tiempo,
que no volverá, no regreserá, más.
 
La estación de los amores, viene y va,
y llegará sin avisar, ya verás, te sorprenderá.
Tuvimos tantas ocasiones, perdiéndolas.
No las llores más, no las llores hoy, más.
 
Le queda un nuevo entusiasmo por latir al corazón.
que otra posibilidad de conocerse.
Los horizontes perdidos no regresan jamás.





Pobre patria!
A súa letra (1991) é unha dura crítica á decadencia política, moral e social da Italia a fins dos anos 80 (financiación ilegal de partidos, a partidocracia, impunidade dos políticos, conexión da política co crime organizado da Cosa Nostra...). Unha decadencia que hoxe é a extrapolable a outros países, pode que ata a España no intre actual. Recomendable ler e escoitar esta canción, amarga e directa, sen eufemismos. Só cabe soñar con que un día voltará a primavera.


Pobre patria! Aplastada por los abusos del poder
de gente infame, que no conoce el pudor,
se creen poderosos y les va bien lo que hacen;
y que todo les pertenece. 
Entre los gobernantes, cuántos perfectos e inútiles bufones!
Este país está devastado por el dolor…
acaso no os da un poco de pena aquellos cuerpos en tierra sin ningún calor? 
No cambiará, no cambiará, quizá cambiará. 
Más cómo excusar las hienas en los estadios y la prensa?
En el fango se hunde la bota de los cerdos,
me avergüenzo un poco, y me hace daño,
ver un hombre como un animal. 
(…)
 
Quiero esperar que el mundo vuelva a cotas más normales,
que pueda contemplar el cielo y las flores,
que no se hable más de dictaduras,
si tendremos todavía un poco para vivir…
La primavera en tanto tarda en llegar.  




 


No hay comentarios:

Publicar un comentario