A VERDE É A COR
Desde este Ventanuco quixemos estar en Porriño
para alentar e arroupar ás xogadoras verdindegras do Inelsa Solar Asmubal, e
non perdernos un desos fitos discretos para a humilde historia deportiva
meañesa. Había que estar aí para poder contalo (e lembralo), e así o facemos.
Orgullo de poder compartir un soño con toda esa
gran familia do balonmano, con esas xogadoras que o fixeron realidade vindo
desde Brasil (Carol Fajardo), desde Arxentina (Agustina Ballada, Sofía
Arangio), desde Valladolid (Eli Méndez), desde Lalín (María Currás), outras baixando
desde Santiago… para sumar coas de Meaño, Vilalonga… E facernos felices,
esquecendo por un intre esos tragos amargos que nos depara da vida. Agradecer o
altruismo dunha Xunta Directiva -cunha perseverante Silvia Lobato, á fronte-. E
aplaudir a un Juan Costas, que se veu a reencontrar coas raíces meañesas,
rodeado do seu equipo técnico por Pablo González (segundo), e os brasileños Thiago
(coordinador deportivo) e Felipe (preparador físico e editor de vídeos para sesións
de entrenamento). A máis aínda: a axuda escura de xente, a presenza sempre ao pé na grada, de Rafa, que apadriña a un sponsor como Inelsa Solar que alumea máis que
nunca, suma e se compromete en Meaño como poucos.
.jpg) |
| A marea verdinegra apoiando en Porriño |
O deporte supera fronteiras e une por enriba de
todos. Fainos compartir ledicias e mesmo o poder consolarnos xuntos cando chegan as agrias derrotas. Moi por enriba da política, que abnegado goberno local ve nisto. Isto só
é BA-LON-MA-NO. Nen máis, nen menos. En Porriño só vimos aficionados aplaudir a
rabiar, sorrir, aporrreando bombos, bocinas, coreando os goles, as paradas de Lorena,
cada roubo de balón e cada opción de posesión que tiñan as verdinegras. Este
equipo merece moito máis do que recibe de arriba. Tocaría aprender destas
xogadoras cando as ves competir: un equipo de guerreiras, raíñas do sorriso
dunha afición, que pelexan, anímanse, encoraxínanse, vacíanse, e ao final,
exhaustas, danse a man e abrazanse coas xogadoras rivais. Algúns policastros
meañeses ben poderían aprender do deporte. Nós, polo nosa banda, seguiremos a facelo.
.jpg) |
| O equipo ao final do partido |
O INELSA SOLAR ASMUBAL RUBRICA UNHA LIGA PARA A
HISTORIA
PORRIÑO,
18: Lago e Begoña, María Groba (2), Amarilla (5),
Romero, Pereiro, Blanco, Rivero, Marta Groba (4), Carla, Barreiro, Marta (6),
Tasar (1) y Raimúndez
INELSA
ASMUBAL, 30: Ligero e
Caneda; Agustina (3), Arangio (5), Sabela (7), Fajardo (4), Currás (3), Cores
(2), Vera (1), Eli Méndez, Miniño (3), Rey (2) y Vanesa.
Árbitros: Santamaría López e González Martínez. Sen
exclusiones polo Porriño; e exluiron por dous minutos a Fajardo (min. 13) polo
Asmubal.
Resultado
ao descanso: 10-13.
Incidencias: Partido pertencente á vixésimo sexta e
última xornada de liga. Pabellón Municipal de Porriño, 150 espectadores.
Gañou o Inelsa Solar Asmubal e rubricou unha liga para enmarcar. No primeiro tempo, o equipo estivo atenazado polo nervios no ataque, precipitado e impreciso, cunha Eli Méndez que esta vez non vía porta. Pero a defensa, encomiable e liderada polo tándem Vanesa Domínguez e Carol Fajardo, atopou esta vez cunha dóce Lorena Ligero en portería para facelas fortes. E na grada, estivo arroupada por unha marea verdinegra entregada. Amén do 2-1 inicial, un parcial de 1-5 deulles a dianteira ás meaañesas (3-6), e que xa non cedería en adiante.
.jpg) |
| Un remate para enmarcar |
O partido decidiuse no inicio da segunda parte.
As verdinegras tiveron o seu momento dóce cara a porta, mentras atrás maniataban
mellor á pivote porriñesa para abrir renta de de 6 no 35’, e logo de 10 no 43' (13-33). Superado, o Porriño, e falto a motivación para ir a por o partido, o rival baixou
o brazos e deixouse ir ata o final. No que quedba por diante os dous técnicos aproveitron para dar
minutos a todas a xogadoras.
Mañan luns o Asmubal coñecerá rival: o
primerio paso, unha eliminatoria para filtrar os que entrarán na segunda fase de ascenso.
Os tres do bombo son o Roquetas Almería, o Mixlata Valencia e o Zarautz vasco. Un deles será o rival e
visitará primeiro Coirón o vindeiro fin de semana. E logo partido de volta a
domicilio no último fin de semana de abril.
O técnico Juan Costas advirte a extrema
dificultade do envite: “imos medrino a equipo profesionais ou semiprofesionais,
deseñados para pelear e cheo o ascenso a Ouro, e nós somos un equipo humilde
recén chegado, que viñamos á División de Prata como convidado e co obxeto de
manter a categoría, e aí arriba estamos”. “Facianos ilusión -agrega- poder
ofrecerlle a nosa afición, que o merecía, un partido extra en Coirón, e iso
facemos o vindeiro fin de semana, no que queremos que Meaño respire balonmán
polos catro costados”.
 |
| A luz que namora en Meaño |
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)