A Cova do Trasno: “THE CANDIDATE”
A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. de Meaño retoma unha nova entrega do ciclo “A Cova do Trasno”, un coloquio e foro de debate para chegar a ti, sen trampa nen cartón. Antes, co radón, cos fitosanitarios... e esta vez atrévese coa política municipal. En catro entregas, vai presentar, entrevistar, e o público poderá preguntar, opinar e departir, con cada candidato á alcaldía de Meaño para o vindeiro 28-M, que aceptaron a invitación que lle foi trasladada a todos. Tempo por sesión: 50 minutos.
Neste formato aberto, pensado unicamente en ti, o candidato non se presenta, presentómoscho nós; o candidato non sermonea, escoita; o candidato non da un mitin, contesta; o candidato non arenga, atende; o candidato non se agacha, enfróntase. Neste formato, o candidato non é o protagonista, o protagonista es ti. Sen suxestión da masa (palmeiros), sen trabas, con plena libertade e a transparencia que outros negan. Porque da política municipal tamén podemos falar de xeito civilizado, sen pelusas, para que ti coñezas por ti mesm@. Sen máis pretensión. Porque a asociación G.A.M., de xeito altruista, só pensa en facer o mellor para ti… Desde febreiro de 1989!
Esta vai ser a única ocasión en que poidas coñecer aos candidatos de xeito diferente, onde podes participar. Convidámoste a sorprenderte. O obxectivo, contribuir a normalizar unha política municipal que outros encenden de xeito sectario, actitudes que cabe erradicar e non alentar. Nos pretendemo amosas pode facerse doutro xeito. Con absoluta normalidade.
Aquí,
deixamos os días, datas e horas destas catro entregas, todas elas no salón de
actos da Casa de Cultura de Meaño e con entrada libre ata completar aforo:
21
de abril (este venres): Diego Rosal Chaves, BNG (21,30 horas)
23
de abril (este domingo): Jose Manuel Aspérez Montes, Meaño Independente (12 horas)
28
de abril (venres): Pablo Portas Ucha, PSdeG-PSOE (21,30 horas)
5
de maio (venres): Suso Sueiro Méndez, PP (21,30 horas)
NOTA: Declinou participar neste foro Carlos Viéitez Fernández, Veciños de Meaño
Panorámica de Meaño desde a Carballeira de Teixe |
No hay comentarios:
Publicar un comentario