A
BANDA DE MEAÑO EMOCIONA NA SÚA
“NOITE DE AMOR CON LELA”
A cantante Silvia Ferre acompañada por bada Unión Musical de Meaño |
Eleximos
unha entrada con tinte musical para reabrir o noso particular Ventanuco nunha
nova tempada e con cambio de imaxe.
A Banda Unión Musical de Meaño, dirixida polo
mestre Diego Javier Lorente, protagonizaba a fins de setembro, xunto co
arreglista e pianista Alfredo Susavila e a cantante Silvia Ferre, o concerto
“Unha noite de amor con Lela”. Ao final foi no auditorio de Ribadumia que, como
cada vez que acude a banda meañesa, voltou a encher o seu aforo de 300 butacas.
A
partir da historia de Lela, unha emigrante galega que marchaba nos “tempos de
fame” para facer as Américas e que regresou nos albores da democracia, a música
foi levando ao público por algúns dos éxitos de sempre, tanto en lingua castelá
como galega, arreglados para banda e piano por Alfredo Susavila con guiños a
súa formación jazzística que deleitaron ao auditorio.
Outro momento do cocerto |
Arrancou o concerto cunha peza instrumental sobre o tema de Lela e pechou o círculo coa propia
canción na voz de Silvia Ferre. No medio, presentados por Belén Xestal con textos
de Fernando Lavandeira, poideron escoitarse as cancións “El día que me quieras”,
“Por ti”, “Un ramito de violetas”, “Quizás”, “Meu amor é mariñeiro”, “Quen
poidera namorala” e “Rosiña do mes de maio”. Unha hora redonda de música cargada
de notas de emoción que voltaron a deixar patente o tirón da Unión Musical de Meaño cada vez que aposta por proxectos frescos. E, tamén de paso, voltou a por de manifesto,
despois de presenciar facía uns días a actuación da banda co grupo de percusión
Odaiko que ofrecían o concerto “Vaia banda!” nun pabellón de deportes, a necesidade
dun auditorio en Meaño.
Aquí
vos deixamos un pequeno vídeo cunha fragmento dunha das cancións do concerto, o "Quen poidera namorala", o pema de Álvaro Cunqueiro musicado no seu día por Luis Emilio Batallán. Para velo pincha no seguinte enlace:
E se queres escoitar a versión orixinal desta canción pincha neste enlace que segue:
No hay comentarios:
Publicar un comentario