*** Opinión
En pleno
A actual corporación nunha imaxe de arquivo trala toma de posesión |
Non obstante, visto o visto nestas dúas sesións, os concelleiros
deberían empezar a prantexarse distender o momento, normalizando o debate
político desde o argumento, evitando o chascarriño estéril e mudando o rictus
que en ocasións refrexan algúns rostros. E é que nesta lexislatura, polo que se
ve, vai facer falla talante e moita cintura para saír airoso dos campos minados
que cavan entre si independentes e populares.
Tamén por parte do público que agora enche a salón de plenos -acólito na súa maioría aos diferentes bandos- sería bo unha dose de moderación para conter xestos
desaprobatorios ou incluso insultos mascullados polo baixo ante cada
interpelación contraria. Un pouco de “deportividade” nestos asuntos non viría
nada mal, tanto por uns como por outros. E é que na crispación -sobre todo se
se enquista-, á longa perdemos todos. Conviría non esquecelo.
E voltando ao pleno. O extraordinario convocado para os pregos e
preguntas costounos aos meañeses, cando menos, 1.040 euros en dietas. Sen entrar
nas responsabilidades de cada quen, convirán conmigo que sería bo que todos se
puxeran de acordo en algo e, cando menos, retornaran ese diñeiro aos veciños,
poñamos por caso a xeito de doazón para emerxencia social, ou que?
Ese dinero ya lo donaron los independientes,no lo hicieron asi los q gobiernan
ResponderEliminar