*** Opinión
Ruborícense, por favor
Ruborícense, por favor
Entregarse
abertamente á información a través das redes sociais sempre entraña un risco, do
cal non se libra nin a política municipal meañesa dun tempo a esta parte. Un
paseo ocasional por algunhas desas canles, que tamén empregan as diversas
forzas políticas locais, da vértigo. Vértigo, de ver como nas súas páxinas,
travestida de información, deslizan a sua particular propaganda. Vértigo, de
comprobar hasta que límite pode o informante censurar ou tratar de manipular a
información, tomada prestada dos medios de comunicación, para retorcela de
xeito consciente en beneficio propio.
Un
ten visto nesas páxinas como os recortes de xornais sobre Meaño que se insertan,
co pretexto de informar, son ás veces sesgados intencionadamente, non colgando
en ocasións aqueles que poden resultar “adversos”, ou amputando noutros casos
paráfragos ou partes da información que non interesa divulgar. Todo isto,
metido no medio doutros extractos, que si se serven como información veraz e que
se editan completos, sobre todo aqueles referentes ao ámbito social, humano ou
cultural… outra cousa é cando tocan o ámbito político. En fin: isto si, isto
non; corto aquí, pego alí; destaco isto, oculto aquelo… Vellas formas de actuar
de censores doutros tempos.
Díranme
que esas páxinas dos partidos políticos nas redes sociais son para iso, para
publicitarse. Ben certo. Pero que logo sexa precisamente esa xente, que promove
este xeito de actuar, a que, desde a súa consabida militancia política, trate
de dar leccións de ética e moral tachando aos demáis -que non andamos nese
xardín-, de estar pro ou contra, de ir con uns ou con outros, en función de onde
sople o vento ese día… En fin, cando menos, ruborícense, por favor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario