*** Opinión
Na trincheira
Na trincheira
Por outra banda, chegados a este punto, convén non esquecer os logros acadados ata agora nun marco de convivencia sen precedentes na historia deste país. Unha convivencia tantas veces fracturada por modelos políticos que eran monopolio das élites socieconómicas, e por continuos golpes de estado -outrora pronunciamentos-, entre os que acadaron o poder e os moitos que acabaron no intento. Coarenta anos de democracia é insólito na nosa historia. Algo teremos feito ben en todo este tempo. Preocupa ademáis que nunha crise que toca tanto as emocións como ésta, empecen a aflorar pola banda oposta as baixas paixóns extremistas que durmían desde facía anos.
Certo que o marco administrativo ou o constitucional poderían ou deberían reformarse, porque as leis son mudables e deben adaptarse á realidade dos tempos. Todo é opinable e negociable en política, agás os dereitos fundamentais da persoa, que son inalienables. Pero para isto faltan uns líderes que non hai e un talante que non teñen. Fracturar á cidadanía para enviar as xentes ás trincheiras ideolóxicas pode ter, como dícía, consecuencias imprevisibles. E a fin non xustifica os medios. Tampouco esta vez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario