PEQUENOS TESOUROS AGOCHADOS
Fotos: Marcos Castro; fotos técnicas do roteiro: Sandra Martínez
|
Punto de partida e chegada: diante do concello |
Despois dunha década baldía, voltaba a latexar na pasada tempada a Asociación Cultural de Deportiva GAM (Grupo de Amigos de Meaño), de mans dun grupo de nais, que botada a andar baixo este paraugas, un clube de tenis de mesa. Un rescoldo que fai brotar agora a actividade e dinamismo deste colectivo. E ese primeiro paso dase neste agosto cun ciclo de tres roteiros apaixoantes de sendeirismo, que baixo o nome "Ven a almorzar comigo en..." lévate a coñecer lugares emblemáticos de Meaño, conlevando consigo compartir toda a peña xuntos un almorzo na cita-destiño do día. E ese primeiro roteiro celebrábase na mañán do domingo 11 de agosto, unha iniciativa que tiña como particular "first date" o BANCO DO AMOR, no alto del monte de Fontefría.
|
Ficha técnica do roteiro |
Nel participaban 23 sendeiristas que disfrutaron dunha camiañata concebida co obxecto de convivir, "parolar" mentras damos pernas. Resultou un momento entrañable para corpo e mente, porque con deporte no medio dunha paraxe natural así, flúen mellor as ideas, o humor, as emocións e os sentimentos, ou non? E cun gratificante (e xenoroso) "tentempé" no cumio, ao pe do vértice xeodésico, onde o meañés J.L. Gándara asentou o Banco do Amor, disfrutamos xuntos recuperando forzas, mentra divisabamos Meaño a Xil en primeiro plano, co pano da río de Arousa ao fondo, a desembocadura do Umia, a istmo do Bao, O Grove, e as illas Ons de Cíes ao fondo.
|
A expedición do Banco do Amor |
|
Almorzando no vértice xeodésico |
Foi unha camiñata de case que 9 kms, (90 por cento en terra), na que empregamos máis de dúas horas (2,45 horas se contamos o tempo de almorzo no cumio). Nela arrancamos pola Tomada Grande, subindo ata a Queimada e Fontefría polo linde entre Meaño e Xil, e regresamos logo baixando polo Monte Maior, A Toxa e O Peñón. Considerado pol organización un roteiro dificultade media, a expedieición partíu dos 91 metros de altura, segundo o Instituto Xeográfico (51 metros segundo unha das aplicación da organización) para subir ao cumio de Fontefría situado a 397 metros de altura (357 segundo aplicación), e salvando así un desnivel de 306 metros (ou 294 m.) en 4,4 kms de ascensión.
Agora os participantes sabedes todos acadar xa o Banco do Amor, cun roteiro a pe por terra, ou ben, a opción de facelo en coche para chegar ao desvío (preto do monte do Limoar), debendo percorrer logo cada quen 800 metros a pe para sentarse no emblemático banco.
Divúlgao. Meaño ten ese pequenos tesouros agacahados, dos que disfrutar, e sen fanfarrias. Ah! E se queres participar no vindeiro roteiro mantente atento ás redes sociais (nos facebooks POLO VENTANUCO ou CTMGAM): será o vindeiro fin de semana e presentarémocho nuns días.
"Queres vir a almorzar connosco"?
GALERÍA DE FOTOS...
|
No sinal ao pe da estrada, monte do Limoar |
|
Silueta do roteiro (foto Sandra Martínez) (o roteiro do "cabaliño de mar") |
|
Arrancando pola Feira |
|
Alto ás portas do cemiterio de Meaño |
|
No mirador da Queimada, a uns 50 metros de altura do cumio |
No hay comentarios:
Publicar un comentario