Arrancando agosto deixámosche aquí tres propostas para o verán. Cun chisco máis de tempo e ao caír cada tarde, podes emocionarte coa Historia. Visiona os dous vídeos que che propoñemos. Despois atrévete con este libro.
O
HOLOCAUSTO ESPAÑOL
Portada de "El Holocausto Español" |
De todo o escrito e visto sobre la Guerra Civil Española, cabe seleccionar ben, a fin de evitar a propaganda emocional sobe o político. A maraña do bosque en ocasións vese mellor desde fóra, como a altura da montaña cando estás abaixo. Tres son as propostas que aquí che deixamos, unha para para ler, e dúas para visionar. Para ler, "EL HOLOCAUSTO ESPAÑOL" publicado en 2011 polo hispanista británico PAUL PRESTON, 669 páxinas (epílogo aparte) de documentación tan honesta como conmovedora, e que podes mercar por algo menos de 15 euros (imprescindible). Despois de lelo, de emocionarte: poderás seguir sen condear moralmente o vivido?
Imaxe de apertura do documental en TVE, "O experimento Stuka" |
O EXPERIMENTO STUKA
E, por último, un curto vídeo, desos humildes e discretos, "A VIDA DURANTE O FRANQUISMO", elaborado con sentimento por un alumno de 4º de ESO (curso 2017-18) traballando baixo a coordinación dun profesor de Historia, un que apadriña este blogue. (Ah! Non perdas o último minuto emotivo deste adolescente: así traballan na aula)
No hay comentarios:
Publicar un comentario