sábado, 21 de diciembre de 2024

A Cova do Trasno: “¿QUÉ MIRAS?”


Hai cousas que non se ven a simple vista cos ollos, senón que se ven só co corazón. Nadal é un dos momentos para entrenalo. Con tal motivo, a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. bríndanos un segundo encontro do seu “A Cova do Trasno”, no que compartir nesta ocasión, con outra mirada, unha historia tenra, desas que van directas ao corazón. Será este vindeiro venres, 27 de decembro ás 20,30 horas no Pazo de Lis, coa colaboración de adegas Lagar O Parral (Lores), nun encontro para departir co xornalista e escritor Fernando Salgado, e con Susi Maquieira, a entrañable protagonista de “¿Qué miras?”, unha dóce historia para mirar dentro de cada quen.

Evento meramente cultural co formato de coloquio ameno e directo, duración de 50 minutos, e aderezado con música en vivo. Se o anterior encontro estaba dirixido aos cativos, este está concebido, dun xeito especial, pensando en ti, porque ti te paras un intre, porque compartes, porque sabes que as cousas son máis fermosas cando as ves cos ollos do corazón. Compartir emocións, multiplica a felicidade e amortigua a aflición dos desencantos.
Ademáis, pode ser unha boa ocasión para levarte no peto -se che apetece-, adicada, unha boa historia, desas de verdade, para agasallar neste Nadal a quen ti máis queres. Despois de ler veralo con esos outros ollos. Porque ler conta, ou non?




No hay comentarios:

Publicar un comentario