domingo, 15 de junio de 2025

 

conversas.com
 Rosana Domínguez Rey
Concelleira do BNG na corporación meañesa

Nada na localidade meañesa de Padrenda e aos seus 33 anos, é recoñecida socialmente polo seu labor de soprano e clarinetista da Banda Unión Musical de Meaño. Cursou a licenciatura de Música Antiga polo Instituto Politécnico de Porto (Portugal), e desde 2011 é soprano no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Un eido musical que combina ca sua faceta profesional como como mestra de Educación Primaria. En xuño de 2023, veuse proclamada como edil del BNG ante a renuncia do número 1, Diego Rosal, que non aceptou a acta, condicionado polo seu labor como meste de percusión da Escola de Música Municipal que se temía dera lugar a situación de incompatibilidade. Nos plenos, serena, sen alterarse, evita cair no fragor dialéctico que ás veces se lle ofrece, pero sen deixar pasar ocasión para fiscalizar á alcaldía, erixíndose na voz que gaña protagonismo a cada paso desde a oposición.

“ESTE ALCALDE INVISTE MOITO EN ASFALTO E POUCO NO SOCIAL”

Como está resultando a súa estrea na política, exercendo como único edil de portavoz do BNG?
Moi positivo. Ofréceme a ocasión de propoñer ideas nos plenos e loitar desde aí contra as inxustizas: a situación de Centro de Saúde de Coirón, a desprazamento de lingua… Estar aí, implica unha responsabilidade falando como representante dun grupo, pero noto que o grupo acompáñame, arroupame e non me sinto soa. (Na foto, á dereita na versión web, Rosana Domínguez)
Con dous anos de edil: que ámbitos da veciñanza meañesa ve máis descoidados por parte do actual goberno local?
O servizos públicos sociais e o rural. No primerio non se avanza na conciliación, o Centro Rural Polivalente de As Covas para os maiores segue como fai décadas, sen melloras, co problemas de persoal, mesmo con peches, a Escola Infantil veu recortar o seu horario… Este alcalde, amparado na súa maioría, non se está poñendo ao carón dos veciños e veciñas. En canto ao rural falta planificación nos desbroces, no coidado de espazos…


Poña algún exemplo que ilustre o que di.

O último, o asunto da sanidade coa ausencia do médico no Centro de Saúde de Dena. Cando iso ocurríu en Meaño no Centro de Saúde de As Covas, Carlos Viétiez estaba fóra do PP pola expulsión. Daquela convocou unha concentración para aparecer el detrás dunha pancarta en defensa da sanidade pública. Agora, unha vez volto ao curro do PP, e tal como está a situación en Dena, non fixo unha soa xestión para solucionalo, e moito menos posicionarse en defensa da sanidade pública como entonces. Outro exemplo é Altri: cando presentamos unha moción de rexeitamento para a instalación desta empresa en Galicia, non  apoiou ese rexeitamento, sabendo que ía contra os veciños, pero el púxose de perfil e agachouse, como adoita facer… Mentras, outros alcaldes do PP foron máis coherentes, e mesmo apoiaron ese rexeitamento a Altri, pero Meaño non.
E no rural, que vostede comentaba?
Un exemplo: en Vista Alegre en Cobas hai un muro caído, que lle levamos recordando fai tempo… Vai para dous invernos que está así.  No urbano non pasaría.


Rosana Domínguez en 2023, cando a toma de posesión da praza de edil

Cómo valora o goberno local e a xestión de Carlos Viéitez?
Como un alcalde que, de partida, rexeita toda proposta da oposición, que goberna sen equidade, atendendo aos que si o votaron, e rexeitando todo aquel que non foi voto seu. Un alcalde que, ademáis, non respecta a institucionalidade: non garda a periodicidade dos plenos, identifica actos institucionais como actos do goberno, e así non convida a oposición á inauguración da Festa do Viño, ao 25-N contra a violencia de xénero…
E en canto á xestión dos plenos: como valora ao rexidor?
Nos plenos o trato do alcalde é correcto, pero evita o debate político… E cando a cousa se vai e man e queda sen argumentos, perde os papeis. Critica que nós facemos política, por suposto que o facemos, e argumentamos o que propoñemos.

Pensa que vai haber presupostos este ano?

O alcalde di que si, pero eu xa perdo a esperanza. E iso que é un documento que, tendo maioría absoluta, non tería problemas de que saia adiante. Creo que a situación ten que ver cunha administración local que está moi saturada porque o alcalde non da incorporado xente, e que nas decisións políticas e nos investimentos este rexidor vai a salto de mata, sen un proxecto real, a así vai facendo obras que moitas veces non respostan a necesidades reais. Serva como exemplo o do pum-track de Dena, onde se invertiron 49.000 euros, e ao que non se lle quita partido algún, a todas luces era unha obra innecesaria, estaba de máis. Este goberno inviste moito máis en asfalto que no eido social, e iso estase a notar moito.
Cómo valora a Meaño Independiente e o papel de José Manuel Aspérez no affaire da Mancomunidade que acabou por darlle a presidencia ao PP?
José Manuel Aspérez rompeu o pactado, cando nós lle demos representación na Mancomunidade. Lamento que coa moción de censura a presidencia regresara ao PP, grazas a mudar o seu voto José Manuel Aspérez. Ese cambio seu obedece únicamente a unha ambición persoal. O único bo foi que así caiuselle a carauta, a asomou nel o PP. O líder do principal grupo de oposición ao PP en Meaño, que é M.I., está a salario do PP na provincia como asesor de presidente de Deputación, é algo que non se entende. Con isto da Mancomunidade evidénciase que o do PP é unha feira.

Rosana Domínguez, primeira pola dereita, entre os concelleiros da oposición nunha foto de fins de 2023

Está condicionando iso o actual xeito de oposición de M.I. nos plenos en Meaño?

Completamente, é un grupo moito máis tranquilo que na anterior lexislatura.
Co retorno do Viéitez ao PP quedou diluido o papel do único edil de PP en Meaño, antes na persoa de Suso Sueiro, e agora na de Mª Cruz Vázquez.
Si, xenerouse unha situación surrealista. No tempo en que estivo, Suso Sueiro fixo a oposición que lle correspondía (hasta abril de 2024), pero agora, con Mª Cruz Vázquez, o alcalde non lle da nin quenda de palabra como grupo que é, antes dos plenos ela reúnese no despacho da alcaldía co grupo de Veciños de Meaño, que é en realidade quen goberna, para arranxar alí os votos. Mª Cruz Vázquez figura no Grupo Mixto, onde Suso Sueiro e nós pactamos no seu día alternar a presencia en comisións, en cambio agora a situación é que nunha comisión está a oposición, que somos nós, e na outra xa non, porque a que figura é Mª Cruz Vázquez, que xa é do seu grupo. Por esta razón pedimos esta edil deixe de figurar no Grupo Mixto.


Metade da lexislatura. Pensa que o BNG está vendo medrar a súa base no municipio?

Pouquiño  pouco, sí. A xente agora xa se para connosco, escoitate cando imos falar con ela, ás nosas Asembleas abertas súmase xa algunha xente nova… Estamos a percibir esa acollida.
Teñen en vista o candidato para as eleccións de 2027?
Non, é moi cedo. Ademáis o BNG non é de personalismos, é un equipo, un grupo, e funcionamos como tal. O de menos é o candidato, o importante é o grupo.
Vostede non partía como alcaldable en 2023, que o fixera Diego Rosal. Pensando en 2027, se llo propuxeran, aceptaría o envite de partir como número 1?
Imos pleno a pleno, en base traballo en equipo, é cedo para unha resposta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario