domingo, 31 de mayo de 2020

LECCIÓN DE ESTADÍSTICA

Entrada breve nesta semana, na que amosamos a través deste particular Ventanuco o gráfico dun estudo estadístico, elaborado por matemáticos e inxenieros españois, e que apunta os resultados de terse aplicado en España o confinamento antes ou despois do 14 de marzo. Dun plumazo, podes ver, estadísticamente, o que tería ocurrido se o goberno tivera decretado o confinamento o 9 de marzo (habería menos de 2.528 mortos), ou mesmo a consecuencia de ter reaccionado máis tarde, o 19 ou 20 de marzo (315.734 mortos e máis). Na columna da esquerda tes o resultado en mortes; na da dereita o de infectados. Un estudo semellante fíxose en Alemaña, partindo dos datos daquel país, e as conclusións foron moi semellantes. Observandoos e comparando, comprenderás o acerto na premura das medidas adoptadas por Portugal. Bucea no gráfico que che ensinamos, compara e tirará cada quen de conclusións no caso de España.


Fonte: Publicado en Faro de Vigo, última semana de maio


No hay comentarios:

Publicar un comentario