CORRER POR MEAÑO-2
"Ti eres dos que da un paso por Meaño? Nós sí". Así reza un ano máis o lema para esta iniciativa. Mañán
domingo, 12 de setembro, as 11 horas debería terse disputado XXXVI Carreira
Popular de Meaño, que sería a edición 36 que tocaría, de terse disputado os anos
2019 e 2020. Esa carreira,
que Asociación G.A.M, concebira e organizara durante os primeros 25 anos, quedou en mans do concello desde 2010,
co acordo tácito de colaborar a asociación con concello para levala a bo termo
cada ano.
|
Damián, José Carlos de Juan do Triatlón Poio, xa correron por Meaño |
Ante a
quietude do concello de Meaño -lóxica no ano en 2019, pero incomprensible en 2020-
a asociación G.A.M. tira de imaxinación tentar manter dalgún xeito o rescoldo
desta carreira, mentras que noturos lares sí se se aveñen a organizar estas
clásicas (Baiona, Vilagarcía, Saxenxo…) apostando por un formato axustado a situación covid. Meaño tamén merecía ter
a súa carreira covid que, a ben seguro, polo seu formato singular, tería quedado na memoría de toda unha xeración.
Desde
aquí, a nosa chamada para que mañán domingo, ás 11 horas en punto, te animes a Correr
por Meaño, percorrendo o circuito da carreira. Lembra, se te animas e só por
facelo, que poderás entrar nun abano de sorteos. Algúns xa o fixeron nestos
días de setembro. E, por diante, tes de prazo ata o día 18 de setembro (pero ollo que entra a vendima!).
|
Cristina e Fanny xa deron pasos por Meaño |
Desde a Asociación G.A.M., un puñado de
meañeses estarán mañán na Praza da Feira as 10,45 horas. Se queres correr ou
camiñar connosco están convidado a facerlo. Lembra: mascarilla e distanciamento
físico durante o percorrido... Saída ás 11 horas.
Queres coñecer as bases para participar e os
percorridos a facer? Que premios temos para sortear? Aquí van as bases para un premios con PURO SABOR MEAÑÉS:
1. Correr ou andar o circuíto. Tes de praza ata ao 18 de setembro.
2. Remite una foto da túa participación, con nome e apelidos, idade, e un número de teléfono ou correo-e de contacto a asociaciongam@gmail.com.
3. A inicios de outubrpo (pasada a vendima) a Asociación G.A.M. realizará o sorteo público do premios entre todos o participantes. De ter os teus datos poderemos avisarte personalmente para facerche chegar o agasallo.
NOTA: Participar no sorteo implicar autoriza
á organización a poder publicar a fotos nas redes sociais vinculadas a
CORRER POR MEAÑO.
|
PREMIO PACO&LOLA / ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA, con visita guiada á adega para dúas persoas |
|
PREMIO "QUINTA DE SAN AMARO" / ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas |
|
PREMIO CATERÍA-BAR "LAGE" / INFANTIL: 2 sorteos de sendo vales de hamburguesa + refresco para dúas persoas (nen@ e acompañante) |
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.
A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función
das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que
dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou
ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder
guiarte se dubidas no percorrido.
|
Perfil do circuíto de de 6,3 kms. |
|
Carreira Popular 2013 |
|
Saída da Carreira Popular de Meaño'2010 |
|
Club Atletismo Cambados-Seguros Noval: eles correron tamén por Meaño |
|
Felipe, Pedro e Basilio, en 2014 (cando a camiseta azul con M de Meaño-Corazón) |
|
2018 / Os tres primeiros en meta. De esquerda a dereita: Carlos Porto, "Huracán" Hurtado e o gañador Alejandro Fernández |
|
2011, Hassan Leklhili, entra gañador |
|
2017, podium dos meañeses con Andrés Sueiro como primeiro clasificado |
|
2018: Edymar Brea, co premio Paco & Lola como gañadora feminina |
|
Medalla de ouro de Manuel Rosales como Campión do Mundo en Bermighman doada á organización meañesa cando na súa homenaxe en 2012. Recoñecido polo concello de Meaño coa mención de honra |
|
2012, Alejandro Fernández (1ª das súas catro victorias en Meaño) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario